Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións

31/03/22

'Explícoche matemáticas': vídeos que demostran que todas as materias se poden impartir en galego


 Información en Praza Pública

No 2021 a proposta gañadora foi un vídeo sobre Ada Lovelace, realizado por Sara Ramos López e Uxía Varela Castro do IES Afonso X O Sabio (Cambre). 

  

Alba Casás do IES Manuel Murguía e hoxe véñoche explicar un dato moi curioso acerca da relación das dobreces dun folio coas potencias (2021)

  

Miño Guerreiro (As Pontes): Explicando matemáticas, cociñando e xogando en galego

24/05/21

Entrega de premios gañadores concurso "Galego con Ciencia"

 

Amalia García Blanco (2º ESO A) 1º premio da modalidade 1º e 2º da ESO

 María Rodríguez Blanco (2º ESO A) 2º premio da modalidade 1º e 2º da ESO

Laura Mato de la Iglesia (1º bac. B) 1º premio da modalidade de Bacharelato
 

14/05/21

Concurso "GalegoconCiencia" (1ª edición)

 Listaxe de gañadores da 4ª semana e gañadores do concurso

Gañadores do concurso:

1º e 2º ESO

Amalia García Blanco (2º ESO A): 1º premio

María Rodríguez Blanco (2º ESO A): 2º premio

3º e 4º ESO

Deserto ao non acadar a puntuación básica

1º e 2º Bacharelato

 Laura Mato de la Iglesia (1º Bach. B): 1º premio

Non hai segundo premio ao non acadar a puntuación básica.

A entrega de premios realizarase o luns 24 de maio.

1º e 2º de ESO na porta nº 1 do instituto no primeiro recreo.

Bacharelato na mesma porta no recreo deste nivel.

Grazas pola vosa participación!

E parabéns aos gañadores!

Bases do concurso

Pincha na imaxe de abaixo (segundo o curso) para participar



27/02/21

O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia

 "Un país non se fai só con lingua e literatura senón con xeografía, historia e ciencia". Domingo Fontán colocou rostro a Galicia. A súa carta xeométrica, realizada no ano 1834, foi algo máis que un mapa para os vellos galeguistas da Xeración Nós e para escritores como Cunqueiro ou Castelao. Coñecemos ben quen foi Domingo Fontán? Viaxamos ata o Concello de Portas, o seu lugar de orixe e onde aínda queda moito desta figura tan relevante para a nosa historia e cultura.

17/06/20

17 de xuño: nacemento do matemático coruñés Durán Loriga

O 17 de xuño de 1854  nace na Coruña o docente e investigador matemático Juan Jacobo Durán Loriga. O campo de investigación predilecto do matemático coruñés foi a xeometría do triángulo, unha rama da matemática moi cultivada desde mediados do século XIX. Foi membro correspondente da Real Academia de Ciencias, membro da Société Mathématique de France e de moitas outras corporacións científicas. Publicou numerosos traballos en revistas españolas, francesas, portuguesas, italianas, holandesas e alemás, e mantivo relación con matemáticos como Charles Hermite, Ernesto Cesaro, Brocard, Lemoine e Longchamps. En decembro de 1904 pronunciou unha conferencia no Circo de Artesáns da Coruña onde fixo un alegato a favor das mulleres matemáticas, citando á Marquesa de Châtelet, Marie-Sophie Germain, Maria Gaetana Agnesi e Sofia Kovalewska. A súa biblioteca está depositada na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.


11/06/20

Domingo Fontán: Galicia cartografiada nas súas verdadeiras proporcións

Domingo Fontán Rodríguez (Portadeconde, Portas, 7 de abril de 1788 - Cuntis, 24 de outubro de 1866), ilustrado galego, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia.
Pasou boa parte da súa vida vinculada á Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou os estudos de Filosofía, matriculouse ao longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias Exactas e Teoloxía. En 1811 comezou a súa carreira de profesor nesta universidade.




Foi elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando este posto ata 1843, ano en que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo.

Participou na creación da primeira fábrica de papel de Galicia, construída en Lousame en 1863, e traballou tamén no deseño do trazado da primeira linea férrea de Galicia en 1858, que uniu Santiago con Carril, proxecto aprobado polas Cortes en 1861, e que non foi inaugurado ata dez anos despois.

Está enterrado no Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela.

A CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA

A Carta Xeométrica de Galicia é un mapa físico de Galicia, o primeiro da historia realizada con medicións matemáticas, obra de Domingo Fontán.

Domingo Fontán investiu na súa realización dezasete anos da súa vida (1817-1834). Esta obra foi o primeiro mapa feito en España con métodos científicos e medicións matemáticas (medición de bases, triangulación, altimetría barométrica, etc.). Para cartografar Galicia aproveitou os avances científicos, provenientes sobre todo de Francia, e desenvolveu unha rede xeodésica, establecendo puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para os que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago e adquiridos en Paris e Londres.             
Tomou como punto cero a torre da Berenguela, na Catedral de Santiago de Compostela. En 1817 iniciou os traballos da Carta, realizada a unha escala 1:100.000, pero ata 1830 non obtivo o apoio oficial para a súa redacción. Nese momento queda exento de impartir clases na Universidade de Santiago. Para realizar esta Carta tivo que percorrer a pé e a cabalo toda Galicia.  Nela aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e todos os accidentes xeográficos importantes acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. En 1834 acaba os traballos da Carta, e preséntaa á Rexente María Cristina que dará orde de imprimila. ata 1845 non foi posible a súa impresión, que se realizou en París, baixo a súa dirección polo gravador  L. Bouffard.
O escritor da Xeración Nós, Ramón Otero Pedrayo, conserva unha das Cartas orixinais no seu pazo de Trasalba (Amoeiro, Ourense).