Amosando publicacións coa etiqueta avoas/avós. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta avoas/avós. Amosar todas as publicacións

26/12/22

As prazas en residencias privadas de servizos sociais duplican as públicas en Galicia

 Información de David Lombao en Praza Pública

Unha usuaria da residencia de maiores pública Porta do Camiño (Santiago), durante unha visita da conselleira de Política Social en 2019 CC-BY-SA Ana Varela / Xunta


 

11/04/22

Loitar saben - 1

 Serie documental de dous capítulos que dá a coñecer o papel que exerceron as mulleres galegas no século XX e o paso destas do espazo privado ao espazo público. Faise a través da historia de mulleres de emigrantes que ficaron na casa e dun equipo de fútbol feminino, unhas e outras contadas por mulleres de distintas zonas de Galicia. 

Pretende tratar temáticas desatendidas pola historiografía e evitar a perda do patrimonio oral e da memoria da sociedade galega mediante a recollida de relatos familiares e colectivos para que non sexan esquecidos. 

 O primeiro capítulo versa sobre o eido privado e o traballo doméstico das mulleres galegas.

05/01/22

Ninguén - Versión final completa

 Documental de corte etnográfico dividido en 15 pílulas independentes de 1 minuto de duración aproximada cada unha. Cada peza contén o fragmento dunha entrevista cunha persoa anciá da comarca de Bergantiños e Costa da Morte, quen relata a súa experiencia vital e que contribúe a reconstruír a Galicia da posguerra. Escoitando estas pezas sabemos dos oficios, das festas, das relacións sociais e de parella... 

 ‘Ninguén. Non des a esquecemento’, de Omar Rabuñal Varela, é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

01/05/21

O importante non é durar, é vivir! ✨ Arrieiros Somos.

 O importante non é durar, é vivir! Candido Pazo é un artista multidisciplinar namorado da camelia, do Camiño de Santiago e a creatividade en sí mesma. 

 

10/04/21

"A banda sonora dos galegos e galegas o longo da história foron as campas” ✨ Arrieiros Somos.

A saga da família Ocampo leva dende 1600 facendo campás en Arcos da Condesa (Caldas de Reis). Segundo Enrique "a banda sonora dos galegos e galegas o longo da história foron as campás”.