Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións

09/10/26

Love Velo

 Exposición no IES Monelos do 9 ao 16 de outubro

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a exposición "Expediente Velo"

02/10/26

'Desobediensia'

Desobediensia, de Nuria Vil, acadou o XX Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas e está editado pola Editorial Caldeirón. Na liña que marcou con Delincuente, a poeta, resitadora e performer viguesa revélase contra as violencias do colectivo LGBTIQA+ e non tapa os ollos ante as inxustizas cotiás. Estes poemas están intimamente ligados á curtametraxe A Pena de Iria Silvosa, pois foron desenvolvéndose ao mesmo tempo.

01/10/26

Somos criminais

Neste espectáculo cómico a través de sketches, os humoristas formulan diversas preguntas: Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables. Desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: somos criminais.

Ver a obra 

As mesmas cancións, outros corpos: Grande Amore e Ataque Escampe intercambian papeis nun proxecto conxunto

 Información en Praza Pública

María Luz Morales, a voz pioneira da crítica cinematográfica hai un século

 Información en Praza Pública

Alba María Moledo Ucha, Lucía Estévez González, Uxía Bereixo e Sara Calvete Lorenzo, gañadoras da décima edición dos premios María Luz Morales © Academia Galega do Audiovisual