Información en Xornal da Coruña
O pasado martes 13 de maio celebramos as Letras na Biblioteca do Castrillón nun acto conxunto no que participaron os centros educativos públicos do barrio: o IES "Monte das Moas", o IES Monelos, o CEIP Fernández Latorre acompañados de usuarios do Centro de día de Eirís. O acto contou coa presenza da escritora Paula Carballeira que desenvolveu un contacontos centrado na súa obra literaria. O acto rematou coa participación de catro alumnas do noso centro: Carolina Barbeito (2º ESO), Noa Vázquez (3º ESO), Paula Queijas e Carmela Rivas de 1º de bacherelato, compoñentes por outro lado da agrupación cultural "Donaire", que amenizaron o acto tocando a pandeireta. O acto estivo organizado pola biblioteca escolar e o EDLG do noso centro.
Coa participación de Pablo Díaz e Olga Kirk membros do Grupo Donaire
Convocado pola Biblioteca, Meteoescola e EDLG do IES Monelos. Entrega o premio a profesora de Bioloxía Sonia Bermúdez.
Relato recollido no libro Instrucións para tomar café de Manuel Núñez Singala.
Lectura realizada para Radio Monelos pol@ alumn@s de 3º ESO A Raúl Orosa e Noa Vázquez.
O outono chegou con tanta forza que non foi necesario consultar o calendario, faltou con mirar pola fiestra. Volveu a choiva e con ela anticipamos eses momentos de lectura a cuberto tan idílicos destas datas. A ‘rentrée literaria’ tamén vén con forza e as autoras galegas volven ser recoñecidas. Celebramos os recentes galardóns do Ministerio de Cultura, o Premio Nacional de Poesía para Chus Pato por Sonora e o Premio Nacional de Cómic para Bea Lema por El Cuerpo de Cristo. En Praza vimos de entrevistar a Manuel Rivas pola súa nova novela, Tras do ceo, e abordamos con Nee Barros o fenómeno internacional Heartstopper, que está a piques de presentar o seu segundo volume en galego. Alberto Ramos volveu gañar o Premio Narrativa Breve Repsol, esta vez con Pirotecnia, e coñecemos a decisión da editorial Kalandraka de desvincularse do Premio Orihuela de poesía para crianzas pola negativa de PP e Vox a apoiar unha declaración institucional neste concello que pedía a anulación do xuízo que condenou a morte o poeta Miguel Hernández. As novidades editoriais non deixan de chegar ás librarías e bibliotecas e aquí seleccionamos unha ducia delas para ir pensando nas próximas lecturas.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña
O 18 de abril o alumnado de 4 PMAR foi á biblioteca do Castrillón para a entrega de premios do concurso literario ‘Cartas de amor’. O agasallo consistiu nun lote de libros e material escolar. Recibiron premio os traballos presentados por:
Goodluck Omedle ( 4ESO C)
Anakarina de Toma
Ainara Franqueira
Inés Candamio
Parabéns!
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
O alumnado de 1º de ESO participou nun concurso de carteis coordinado pola profesora de Xeografía e Historia Rosa Gómez.
O Equipo da Biblioteca e o EDLG organizaron un recital poético coordinado pola profesora de galego Luísa Corredoira.
As alumnas de 2º de ESO Lara Beade Hermida e Noa Vázquez Fuentes entrevistan a Marta Souto Naveira (3º ESO A) gañadora Ex aequo do II Concurso de Relatos de Terror organizado pola Biblioteca e o EDLG.