Amosando publicacións coa etiqueta cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cociña. Amosar todas as publicacións

19/11/24

Entrega dos premios "Cociña da outono"

 Entrega dos premios aos gañadores do concurso "Cociña de outono" na súa cuarta edición

1º premio para Eva López (2º Bacharelato B) polas "Caracolas larpeiras".

2º premio para Carolina Barbeito e Paula Rial (2º ESO B) polo "Brownie de chocolate"

Grazas a tod@s @s participantes.



03/11/24

IV Concurso: "Cociña de outono" (24-10-2024)

Organizado polo EDLG do IES Monelos

Platos presentados ao concurso:

1. Galletas de Samaín (Loreto Gómez e Laura Virosta de 2º ESO)

2. Hamburguesas de Tempada (Pablo Gil de 1º ESO)

3. Magostín (Sina Suárez e Inés Vázquez de 1º ESO)

4. Caracolas larpeiras (Eva López Martínez de 2º de Bacharelato)

5. Red Velet (Miguel Hernán, Javier Miranda e Laura Miranda de 1º ESO)

6. Browning de chocolate (Carolina Barbeito e Paula Rial de 2º ESO)

Os gañadores foron:

1º premio: Caracolas larpeiras

2º premio: Browning de chocolate

 

Grazas aos participantes e parabéns aos gañadores!

30/09/24

Un restaurante da Coruña ten a mellor tortilla de patacas de España

O restaurante O Cabo, sito na rúa Picavía da nosa cidade e liderado por Ramón Rodríguez, corouse con este premio no XVII Campionato de España de tortilla

Información en Xornal da Coruña

12/09/24

Lucía Freitas e o proxecto Amas da Terra: "Quero que sexa unha rede das mulleres"

A cabeza de Lucía Freitas nunca deixa de bulir. Esta chef Estrela Michelín, dona do restaurante A Tafona, non só cociña, senón que cultiva as súas propias froitas e verduras nunha horta en Cacheiras e loita porque as mulleres recuperen o lugar que lles pertence dentro da gastronomía de Galicia a través do proxecto Amas da Terra.