Amosando publicacións coa etiqueta ensaio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ensaio. Amosar todas as publicacións

03/01/21

Miguel-Anxo Murado: "Outra idea de Galicia"

 Esta é a esperada versión galega, preparada e actualizada polo autor, dun libro pensado inicialmente para explicar Galicia aos non galegos, pero que axiña se converteu nun texto de referencia dentro do noso propio país. Nel, o escritor Miguel-Anxo Murado, constrúe unha particular «teoría de Galicia», utilizando os recursos do libro de viaxes, a crítica literaria, a xeografía ou a historia. Cun estilo irónico pero apaixonado, o autor vai desmontando os tópicos acumulados sobre o país, tanto polos seus visitantes como polos propios galegos, para intentar descubrir e explicar o que caracteriza e distingue Galicia.