15/05/25
12/05/25
Día da Ciencia na rúa (10/5/2025)
O profesorado e alumnado do IES Monelos estivo presente na casteta 46 con dúas experiencias moi interesantes coordinadas polo profesor de física e química Carlos Álvarez e Pedro Martín (matemáticas). O primeiro traballou co alumnado de 1º de bacharelao sobre como actúa a presión atmosférica sobre os obxectos. Pedro, por outra banda, realizou co alumnado de 3º de ESO dúas experiencias relacionadas cos números binarios.
26/04/25
5ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS
BASES E OBXECTIVOS
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2024-2025.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.
3. O concurso durará 3 semanas. Empezará na semana do 28 de abril de 2025 e rematará na semana do 12 ao 16 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas).
4. O concurso terá tres niveis:
• 1º e 2º de ESO.
• 3º e 4º de ESO.
• Bacharelato.
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:
• Durante a primeira semana (28 de abril ao 2 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (5 ao 9 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na derradeira semana (12 ao 16 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar.
• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:
a) Maior puntuación nas dúas semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.
Accede ao cuestionario da 1ª semana (do 28 de abril ao 2 de maio):
06/04/25
Entrevista Mar Capeáns
Mar Capeáns é física de partículas e traballa dende 1992 na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). Dende 2021 forma parte da súa directiva, ao liderar o Departamento de Enxeñaría Civil e do Sitio. Esta galega é a protagonista da primeira sesión de Ciencia en feminino 2025, o ciclo de charlas e mesas redondas que organiza GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M.
14/02/25
Predición meteorolóxica para A Coruña do 14 ao 21 de febreiro
Predicción elaborada pol@s alumn@s de 2º ESO Héctor Fernández-Villarrenaga e Loreto Gómez para a Meteoescola do IES Monelos.
06/02/25
Galicia vive o terceiro xaneiro máis cálido en 60 anos en plena campaña para vendela como "refuxio climático"
Información de David Lombao en Praza Pública
05/02/25
Predición meteorolóxica para A Coruña do 5 ao 12 de febreiro
Elaborada polas alumnas de 2º ESO A Iria García e Zeltia Deus para a Meteoescola do centro
22/01/25
Predición meteorolóxica do 22 ao 29 de xaneiro na Coruña
Elaborada para a Meteoescola pola alumna de 2º ESO A Iria Díaz Herrero
18/12/24
Predición meteorolóxica na Coruña para este Nadal 2024-2025
Elaborada polo alumnado de 2º ESO da Meteoescola do Centro: Iria Díaz, Zeltia Deus, Héctor Fernández, Iria García, Valery Gerez, Loreto Gómez e Blanca Varela.
10/12/24
Predición meteorolóxica para a Coruña do 10 ao 16 de decembro
Elaborada pola alumna de 2º ESO A Estrella Julián Cernadas. Meteoescola
13/10/24
Do cosmos aos ordenadores do futuro: o Instituto galego de física de altas enerxías estuda o porvir da natureza
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
04/06/24
Predición meteorolóxica do 4 ao 11 de xuño
Elaborada polos alumnos de 1º de ESO Héctor Fernández-Villarrenaga e Loreto Gómez.
29/05/24
07/05/24
Tempo na Coruña do 7 ao 14 de maio
Exemplo duns dos programas emitidos semanalmente por Radio Monelos ao longo do curso. Coordinado pola profesora de Bioloxía Sonia Bermúdez.
Predición elaborada polas alumnas de 1º de ESO Paula Rial, Carmen Tarrón e Laura Virosta para a Meteoescola.
05/05/24
4 de maio: Día da Ciencia na Rúa
O alumnado de 1º de bacharelato do IES Monelos presentou os seus experimentos, un ano máis, no Día da Ciencia na Rúa.
15/04/24
Predición meteorolóxica para o 15 e 22 de abril
Elaborada polas alumnas de 1º ESO Zeltia Deus e Estrella Julián para a Meteoescola.
08/04/24
Predición meteorolóxica do 8 ao 15 de abril
Elaborada polas alumnas de 1º ESO A Estela Cao e Iria Díaz para a Meteoescola
23/03/24
12/03/24
Predición meteorolóxica do 11 ao 18 de marzo
Realizada pol@s alumn@s de 1º ESO Héctor Fernández-Villarrenaga e Loreto Gómez para a Meteoescola do centro.