Información de Helena González en Galicia Confidencial
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Os Xenerais da Ulla fan atranques virtuais e o Museo do Pobo organiza un ciclo sobre máscaras tradicionais
O rap, o trap, a regueifa ou o reguetón son expresións nacidas do pobo; e como case todo o que xorde de abaixo cara a arriba, e non ao revés, foron xéneros estigmatizados.
Hai unhas semanas botou a andar CeibaRimas, unha iniciativa que busca impulsar o uso da lingua galega no rap improvisado a través de obradoiros e competicións. Dende entón leváronse a cabo varias actividades en cidades de toda Galicia e unha serie de eventos online, que deron lugar a unha clasificación. Os oito primeiros rimadores e rimadoras nesta lista competirán na Gran Final da I Liga CeibaRimas, que se celebrará este sábado 3 de outubro a partir das 18.30 horas.