Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

15/05/26

A Serea de Ulises espiuse na Agra

A cormelá Diana Varela Puñal realizaba a estrea de “Serea e Ulises”, unha fermosa edición facsimilar dunha serie de poemas relacionados co mito romano, pero dende unha perspectiva diferente: A da Serea de Tahormina. Un libro que destila amor polos catro costados, pero non ese amor apegado de esixente responsabilidade emocional, senón do amor máis libre, máis puro. Porque aínda que Ulises e a Serea se amen profundamente, esta déixalle claro que a ficar sentanda texendo, a Ítaca non pensa ir. Foi no local da Asociación de Veciños da Agra do Orzán. 

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

26/05/25

Rebeliom Inframundo no IES Monelos

O alumnado de 3º ESO A do IES Monelos participou o 26 de maio nun taller sobre elaboración de rimas para rapear impartido por Nervo compoñente do grupo musical "Rebeliom inframundo" nunha actividade organizada por Ceiba Rimas.









04/04/25

Unha ducia de creadoras premiadas na gran festa da cultura da Coruña

 Información en Praza Pública

O Teatro Colón acolle o 10 de abril a cuarta edición da Gala da Cultura da Deputación da Coruña, na que se entregarán os nove premios cos que o ente provincial recoñece o labor creativo noutras tantas disciplinsa, dende a banda deseñada á poesía, pasando pola fotografía e a música. De música e baile haberá moito nesta festa, da man de Alana e do coreógrafo e bailarín Fran Sieira. Velaquí os 14 premiados e premiadas.

 

29/03/25

Entrevista a Yolanda Castaño: "Noutras épocas supostamente as mulleres aspiraban a seren mantidas, agora é a nosa fobia máis radical"

Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) fala de precariedade, autoexplotación, machismo, coidados, débedas e expectativas nun poemario que non deixa indiferente. A falsa autónoma, que vén de publicar Edicións Xerais, gañou o Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña en 2022 e, desde entón, a vida cambiou moito para a poeta compostelá, que recibiu o Premio Nacional de Poesía por Materia (Xerais, 2022) hai dous anos e agora ten unha axenda aínda máis esixente que antes.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Yolanda Castaño presenta o poemario 'A falsa autónoma' © Alberto Pombo

09/02/25

Recital poético: Poetas na Cociña

 Información en Asociación Cultural Alexandre Bóveda

O luns 10 de febreiro, ás 19.30 h, teremos un recital poético con Eva Veiga, Montse Yoldi, Ana Ramil, Xulio L.Valcarcel, Olga Patiño, Henrique Rabuñal, Francisco X. Fernandez Naval, X.Carlos Ulloa e Carlos Abeledo. 
 
Poetas na Cociña é unha iniciativa solidaria nada durante a pandemia para axudar a recadar diñeiro para a Cociña Económica da Coruña. Un grupo de poetas unen as súas voces e talentos para recadar fondos para a Cociña Económica mediante un libro que, se queres, poderás mercar ese día.
 

18/01/25