Hoxe é 29 de febreiro, o día que cada catro anos aparece no noso calendario facendo que febreiro non se diferencie tanto en días dos outros meses.Todo comenzou hai xa 2064 anos cando Xulio César tras un viaxe a Exipto descubriu que o seu calendario non era exactamente igual que o astronómico, e que lle faltaban días polo que decidiu actualizalo e como cada ano non duraba exactamente días exactos instaurou en febreiro un día mais, que ao comezo introduciase entre o 23 e o 24 de febreiro(bisiesto significa na nomenclatura do calendario romano 'bis sextum' que significa seis días antes de marzo).Mais ao non ser exactamente un cuarto de día extra o que ten cada ano os días extras fóronse acumulando facendo que no século XVI houbesen dez días de adelanto e mesmo que a Pascua pasáse a comezos de verán polo que o papa Gregorio III instaurou o calendario que leva o seu nome e polo o que rexímonos actualmente, no que mantíanse os anos bisestos sempre en cando o ano en cuestión non acabase en 00 e non fose divisible entre 400.Así mesmo en 1582 pasouse dun 4 de outubro a un 15 de outubro nun venres.Este calendario foi adoptado polos países católicos europeos e os outros mais adiante (Inglaterra no século XVIII) o que explica porque Cervantes e Sackespeare non morreran exactamente o mesmo día aínda que numericamente ambos morreron un 23 de Abril.
Ao longo de todo este tempo xurdiron curiosidades e prexuízos sobre este día.Por exemplo o ano mais longo da historia o 45 a.C, con 455 días instaurouno Xulio César para compensar os días perdidos, e chegou a haber durante varias ocasións na historia un 30 de Febreiro, (en Suecia para pasarse ao calendario gregoriano dende o xuliano a través do chamado calendario sueco) e no ano 4009 ou no 3244 anos tererá que porse se se segue co actual calendario un día extra para compensar o tempo perdido en segundos xa que tampouco así e exacto.Se non houbese dias bisestos o 29 de febreiro de 2020 pasaría a ser o 16 de xullo do 2021.No mundo actualmente hai unhas 4,5 millóns de persoas que naceron este día, das cales 380000 encóntranse en España, entre as que se encontran o actual presidente do goberno, e de forma ficticia Superman e este dia realízanse actos en todo o mundo e en Anthony , en Texas, EE.UU. que autoproclamouse capital dos chamados "bisestos" realiza amplos actos multitudinarios.Ademais existe o caso dun home que no século XIX naceu e morreu un 29 de Febreiroe en Australia 7nha muller que tivo trillizos( a posibilidade de nacerou morrer este día é de 1 entre 1460).A película 'O que o vento se levou " obtivo 9 oscars un día como este, e Cristobal Colón predixo un eclipse que lle salvou a vida a el e á súa tripulación tamen nun día coma hoxe nunha illa do Caribe.
Entre as características que a superstición outorgoulle aos anos bisestos son que como di o refrán "Ano bisesto ano sinistro" son de mal augurío, xa que feitos como o incendio de Londres no século XVIII, a invención da guillotina,o afundimento do Titanic, a Guerra Civil Española,a construción de Austhwiz, o Brexit ou mais recentemente o coronavirus foron ou comenzaron en anos bisestos, mais tamen o descubrimento da Penicilina,a Revolución francesa entre moitos outros a favor.
Na tradición irlandesa nacer este día é considerado que da sorte e mesmo déronse axudas económicas extra aos que naceron este día e en Reino Unido unicamente era nestes anos cando as mulleres podía pedirlle matrimonio a quen quixeran, cousa que por sorte xa non é so neste momento.
Por último este tamen é o día asignado para a celebración do día internacional das Enfermidades Raras que celébrase no último día de febreiro (o 28 se non é bisesto), dado á súa rareza como día e por ser diferente aos demais.
1º bac. D Rubén Fernández Vecino