Amosando publicacións coa etiqueta librarías. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta librarías. Amosar todas as publicacións

05/10/24

Unha ducia de libros para a 'rentrée literaria'

O outono chegou con tanta forza que non foi necesario consultar o calendario, faltou con mirar pola fiestra. Volveu a choiva e con ela anticipamos eses momentos de lectura a cuberto tan idílicos destas datas. A ‘rentrée literaria’ tamén vén con forza e as autoras galegas volven ser recoñecidas. Celebramos os recentes galardóns do Ministerio de Cultura, o Premio Nacional de Poesía para Chus Pato por Sonora e o Premio Nacional de Cómic para Bea Lema por El Cuerpo de Cristo. En Praza vimos de entrevistar a Manuel Rivas pola súa nova novela, Tras do ceo, e abordamos con Nee Barros o fenómeno internacional Heartstopper, que está a piques de presentar o seu segundo volume en galego. Alberto Ramos volveu gañar o Premio Narrativa Breve Repsol, esta vez con Pirotecnia, e coñecemos a decisión da editorial Kalandraka de desvincularse do Premio Orihuela de poesía para crianzas pola negativa de PP e Vox a apoiar unha declaración institucional neste concello que pedía a anulación do xuízo que condenou a morte o poeta Miguel Hernández. As novidades editoriais non deixan de chegar ás librarías e bibliotecas e aquí seleccionamos unha ducia delas para ir pensando nas próximas lecturas.

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública


08/03/23

Radio Monelos: "A pé de rúa". Entrevista a Daniel Palleiro copropietario da librería-espazo cultural "A Tobeira de Oza"

 Na rúa da Merced 24 temos un centro que é algo máis que unha librería. É un espazo cultural de barrio. Claudia Aparicio Ramos e Sara Díaz Ruíz entrevistan a un dos seus socios que se chama Daniel Palleiro. Os outros dous socios chámanse Daniel Blasco e Fran Barcia.


10/10/21

A Coruña namórase das letras

 Información de Ana Carro en La Opinión de A Coruña

 Nunha das cidades con máis librerías por habitante, o número de lectores aumentou nos últimos meses pola pandemia e os bonos para incentivar o consumo.


 

12/02/21

A Cartabón

 A Cartabón é un símbolo no espazo cultural e literario galego que foi quen de resistir desde o ano 1984, entregada ao libro en galego e cunha verdadeira paixón pola profesión de libreiro.

23/01/21

A Tobeira de Oza, alpendre cultural

 A forza cultural dos barrios obreiros é algo que pasa desapercibido para moitos proxectos e negocios que orientan o seu traballo cara o centro das cidades. A Tobeira de Oza convértese nun punto de inflexión no barrio coruñés de Oza desenvolvendo as súas actividades e as súas ofertas cultural co centro no barrio que comparten coa veciñanza. Como construír cultura dende os barrios? É posíbel tecer cultura en tempos de pandemia? Benvidas á Tobeira de Oza!