Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións

12/05/25

Día da Ciencia na rúa (10/5/2025)

O profesorado e alumnado do IES Monelos estivo presente na casteta 46 con dúas experiencias moi interesantes coordinadas polo profesor de física e química Carlos Álvarez e Pedro Martín (matemáticas). O primeiro traballou co alumnado de 1º de bacharelao sobre como actúa a presión atmosférica sobre os obxectos. Pedro, por outra banda, realizou co alumnado de 3º de ESO dúas experiencias relacionadas cos números binarios.


26/04/25

5ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS

BASES E OBXECTIVOS 

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2024-2025. 

2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 

3. O concurso durará 3 semanas. Empezará na semana do 28 de abril de 2025 e rematará na semana do 12 ao 16 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 

4. O concurso terá tres niveis: 

• 1º e 2º de ESO. 

• 3º e 4º de ESO. 

• Bacharelato. 

5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 

6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 

• Durante a primeira semana (28 de abril ao 2 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas. 

• Na segunda semana (5 ao 9 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas. 

• Na derradeira semana (12 ao 16 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas. 

 7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 

 8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 

9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 

10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 

11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 

• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar. 

• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 

12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 

a) Maior puntuación nas dúas semanas previas. 

b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 

12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases. 

Accede ao cuestionario da 1ª semana (do 28 de abril ao 2 de maio):

 


22/02/25

Radio Monelos: programa de Elas Foron sobre Hipatia de Alexandría

 Programa elaborado polas alumnas de 2º ESO Daniela Barro e Laura Virosta

A actriz británica Rachel Weisz interpreta o papel de Hipatia na película "Ágora" dirixida por Alejandro Amenábar

25/11/24

A revolución do gran triángulo

A medición do Gran Triángulo a principios do século XIX foi un dos fitos científicos máis importantes da súa época. Os coñecementos, a versatilidade e a resistencia fronte ás condicións adversas do Matemático Rodríguez contribuíron de maneira decisiva ao éxito da expedición, liderada polo astrónomo francés Jean-Baptiste Biot. 

Durante case dous anos, o científico galego fíxose cargo de localizar, instalar e manter operativos os vértices nas illas Baleares, facendo posible as medicións, baseadas no método da triangulación. A súa participación nesta aventura científica sen precedentes axudou a establecer, naquel momento, a medida exacta do metro, a nosa unidade de lonxitude, agasallo da Revolución Francesa. 

Un vídeo producido por GCiencia para a exposición da Real Academia Galega de Ciencias adicada ao Matemático Rodríguez, Científico Galego do Ano 2024.

12/12/23

Gañamos o concurso de novos poliedros organizado por Igaciencia

O alumnado de segundo de ESO gañou o concurso de Igaciencia novos poliedros co "Poliedro Fontán" da man da súa profesora de matemáticas, Cristina Villalobos. Parabéns!
 

23/11/23

22/11/23

Radio Monelos: programa sobre o matemático e cartógrafo Domingo Fontán

Continuamos este mes de novembro con contidos relacionados co mundo da ciencia e o galego. Neste programa de Radio Monelos as alumnas de 2º ESO B Lara Beade Hermida e Inés Insua Puente fálanos da vida do matemático Domingo Fontán e  do seu proxecto máis importante: A Carta Xeográfica de Galicia.