Exposición no IES Monelos do 9 ao 16 de outubro
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a exposición "Expediente Velo"
Exposición no IES Monelos do 9 ao 16 de outubro
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a exposición "Expediente Velo"
Este 25 de maio visitounos o profesor de Lingua e Literatura galega Anxo González Guerra e foi entrevistado polas alumnas de 4º ESO Alejandra Feijoo e Zoe Martínez. Escoitamos a entrevista.
Realizado o 19 de maio no que participou o alumnado de 3º ESO de ámbolos centros.
Un ano máis o alumnado do IES Monelos participou no Correlingua 2026. Este ano asistiron os rapaces e rapazas de 1º ESO. O perorrido fíxo polo Paseo Marítimo dende Riazor ata a Torre de Hércules co eslogan "Co galego no corazón facemos revolución". Aquí podedes ver a reportaxe do día acompañada coa música de Xurxo Souto cun tema clásico chamado "A miña boca non se equivoca".
As alumnas de 3º de ESO do IES Monelos Rosalía López Rouco e Carolina Barbeito de la Cruz presentan dúas memorias silenciadas de parentes da súas familias.
Actividade realizada polo Club de lectura do centro (curso 2025-2026)
Programa realizado pol@s alumn@s de 3º ESO PDC Iria Durán, Samuel Flores, Dulce Gabarri, Valery Gerez e Lucas Rodríguez.
Programa elaborado pol@s alumn@s de 3º ESO do IES Monelos Xoel Reimúndez e Paula Rial
Programa elaborado polas alumnas de 1º de bacharelato Catalina Bago e Blanca García.
Presentamos un novo número da revista do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Monelos. Trátase dunha cabeceira que iniciou a súa historia no curso 1999-2000. Xa van máis de 25 anos. A edición en papel perdurou ata o curso 2016-2017. Houbo dous curso de parálise (desde 2017 a 2019) para recuperar a súa presenza a partir do curso 2019-2020. Daquela levamos unha edición en dixital.
Neste número novo a base seguen sendo os podcast de Radio Monelos centrados en cinco contidos: Historias da Coruña, Elas foron, Música e músicos en galego, a Memoria histórica recordando ás vítimas e verdugos durante a Guerra Civil na nosa cidade e, neste ano, inauguramos unha nova sección titulada Son de Monelos onde trataremos de profundar sobre figuras que pasaron polo noso centro e que actualmente desenvolven tarefas en distintos eidos do mundo da cultura, ciencia, música, deporte ou literatura. Este ano comezamos coa figura do cineasta Oliver Laxe.
Tamén recollemos as actividades realizadas polo centro e o EDLG en concreto como: Cociña de outono, o Entroido, o III Encontro co IES Agra de Leborís etc.
Outros aspectos tratados son sobre figuras senlleiras como Otero Pedrayo, Pablo Iglesias, Maruja Mallo, Antoni Gaudí ou personaxes do mundo da ciencia como Albert Einstein ou o bioquímico Fernando Calvet.
O eixo vertebrador está representado pola figura das Letras 2026: Begoña Caamaño (activista, escritora e locutora de radio) entre outros aspectos. Un claro referente do feminismo.
As ilustracións que acompañan o deseño da revista son obra da polifacética Laura Romero (música e debuxante entre outras facetas) que nos acompañou nalgunha actividade en cursos pasados.
Sen máis esperamos que disfrutes cos contidos deste novo número.
O EDLG do IES Monelos.
Programa elaborado polas alumnas de 3º ESO Carolina Barbeito e Daniela Barro.
Ver algunhas imaxes da súa obra arquitectónica
Programa realizado pol@s alumn@s de 3º ESO do IES Monelos Héctor Fernández-Villarrenada e Estrella Julián.
Ver imaxes da súa obra (pica aquí ou na fotografía)
Relato sobre o conto de Manuel Núñez Singala "Problemas de xadrez" que forma parte do libro "Instrucións para tomar café" realizado polas alumnas de 3º ESO Carolina Barbeito e Daniela Barro.
Programa realizado pol@s alumn@s de 4º ESO Raúl Orosa e Noa Vázquez.
Programa elaborado pol@s alumn@s de 3º ESO Xoel Reimúndez e Laura Virosta.
Ver máis imaxes (aquí ou na fotografía inferior)