Amosando publicacións coa etiqueta agricultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta agricultura. Amosar todas as publicacións

07/02/26

Unha ducia de candidaturas ao Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Dende hai 26 anos o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, impulsado polo Grupo Aresa e a USC, recoñece iniciativas de todo tipo que traballan a prol do desenvolvemento da economía rural galega, especialmente do sector agrogandeiro. Este venres deuse a coñecer o gañador da edición deste ano: Bico de Xeado, elixido pola súa “inmensa ligazón co medio rural e o sector primario". Estas eran as 11 candidaturas finalistas, exemplos todos dun rural moi vivo.

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

24/03/24

O DEBATE | É economicamente positiva para Galicia celulosa de Altri?

O debate sobre a celulosa proxectada en Palas de Rei (A Ulloa) polo conglomerado de Altri e Greenalia marca a actualidade política e económica da Galicia. Debaten sobre o proxecto o economista Marcelino Fernández Mallo e a presidenta de Lugomadera, Carmen Gayoso.

Informe de Xacobe Ferreiro (coordinador) en Nós Diario

  Feira do queixo de Arzúa, centrada na DO Arzúa-Ulloa, a segunda do Estado en produción de queixo. (Foto: Nós Diario).

05/10/23

Cando os campos eran de lúpulo e non de eucalipto: “Foi unha revolución na Galicia dos 50”

Un estudo da USC analiza o auxe e o declive dun cultivo industrial que prometía sacara da pobreza a poboación na comarca de Betanzos

Información en GCiencia

A recolección do lúpulo realizábana sobre todo as mulleres. Foto: Fondo fotográfico Celestino Luis Crespo do Arquivo Municipal de Betanzos
 

16/09/22

Xoias: dez anos de conversas en todos os galegos

 Documental que se constrúe coa recompilación, ao longo de dez anos, de entrevistas a persoas de toda Galicia: empresarios, redeiras, gandeiros..., cos que se manteñen conversas espontáneas sobre temas variados. Ao final, o lingüista Xosé Manuel Sánchez Rei comenta a diversidade lingüística que a reportaxe amosa. Porque, se o que se relata é importante, a lingua en que se relata debuxa un panorama dunha relevancia cultural extraordinaria.

15/06/22

Conversa con Leticia Iglesias

A Lobeira Today entrevista a Leticia Iglesias que é autónoma, labrega, emprendedora e politica. Saberanlle os chícharos?