23/06/24
22/06/24
09/12/23
01/11/23
28/10/23
Radio Monelos: A Santa Compaña e Santo André de Teixido
Programa de Radio Monelos elaborado pol@s alumn@s de 1º ESO B Noa Fidalgo Garrido e Hugo Pasandín González.
27/10/23
A peregrinaxe da Xeración Nós a Santo André de Teixido: unha viaxe ao interior do país contada dende hoxe
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Edición facsímil do libro no que Otero Pedrayo relatou a viaxe, prologado por Risco Dominio Público http://antondasobreirabitacora.blogspot.com/
02/09/23
Entrevista a Luís doRío Pena: "Moito do coñecemento que cremos que nos é propio repousa sobre as experiencias dos que viviron antes"
Luís do Río Pena (Santiago de Compostela, 1998) revoluciona as redes cos seus vídeos preparando un pito de pastor, un asubiote ou unha pipa de herba. Consciente de que non importa o medio a través do que se aprenda, está a gozar compartindo coñecementos que chegaron a el a partir das experiencias de persoas da xeración dos seus avós nas súas aldeas, entre Ames e Outes. "Quería facer algo que xerase un interese de aquí sen ter que relacionalo todo coa política", conta. Todo comezou como unha forma de esparexemento no seu tempo libre mentres prepara unhas oposicións tras graduarse en Dereito. Con máis de 15.000 seguidores no Instagram, compartindo xa os vídeos nunha canle de Youtube e agora tamén no TikTok, Do Río ten claro que se os seus vídeos cargados de sabedoría popular triunfan é porque sorprenden.
05/06/23
A Franqueira, tradición e galeguidade
Tirar do fio para traer ao presente feitos históricos que teñen moito que ver coas tradicións populares é fundamental para coñecer de onde vimos, por iso a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia en colaboración co concello da Cañiza, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o abade do Santuario da Franqueira, levaron a cabo un acto de rememoración histórica en lembranza da creatividade literaria de D. Ramón Cabanillas, autor do “Romance da Franqueira” e ao mesmo tempo de D. Enrique Peinador Lines pois se non fose polo empeño do empresario de imprimirlle galeguismo á tradición relixiosa, Cabanillas nunca teria escrito esa xoia literaria. Por ese motivo e tamén para conmemorar o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos, colocouse un monolito no adro do Santuario da Franqueira obra da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra.
26/05/22
Proxecto Terra: Ferrol-Fragas do Eume
Actividade realizada polo alumnado de 4º de ESO do IES Monelos (23 e 24 de maio de 2022)
Visita ao Museo da Construción Naval
Urbanismo e arquitectura en Ferrol
Paseo pola ría de Ferrol
Visita ao castelo de San Felipe
Albergue de Alvarella
Museo etnográfico da Capela
Andaina polas Fragas do Eume
17/05/22
Vilar de Santos recupera a aldea de Saa para que a mocidade coñeza os oficios tradicionais e a relación co medio propia do rural
Visita do alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez, á aldea de Saa xunto co responsable da empresa que acometerá as obras © Concello de Vilar de Santos
07/05/22
Técnicas de confección do traxe tradicional galego
Documental que ten o obxectivo de divulgar as técnicas empregadas para a confección da vestimenta tradicional de Galicia. Un artesán téxtil explica a patronaxe, o corte e a confección das pezas que compoñen o traxe de home e de muller en catro territorios. Despois, elabóranse os complementos característicos de Santiago, da Maía, das Mariñas, da Terra Chá, de Ourense e de Pazo de Arenteiro. Tamén se analizan obras de pintores e de escritores que recollen a vestimenta tradicional (Fierros, Murguía, Carlos Sobrino, Suárez Castro, Román Navarro e Castelao). Ademais, faise unha análise da lingua dos xastres, da roupa e dos complementos. O documental remata cunha peza de baile na que se mostran os dous traxes de gala confeccionados, que se custodian no Museo Queixumes dos Pinos.
30/04/22
05/01/22
Ninguén - Versión final completa
Documental de corte etnográfico dividido en 15 pílulas independentes de 1 minuto de duración aproximada cada unha. Cada peza contén o fragmento dunha entrevista cunha persoa anciá da comarca de Bergantiños e Costa da Morte, quen relata a súa experiencia vital e que contribúe a reconstruír a Galicia da posguerra. Escoitando estas pezas sabemos dos oficios, das festas, das relacións sociais e de parella...
‘Ninguén. Non des a esquecemento’, de Omar Rabuñal Varela, é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.