Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Programa de Radio Monelos elaborado pol@s alumn@s de 1º ESO B Noa Fidalgo Garrido e Hugo Pasandín González.
@s alumn@s do IES Monelos Raúl Orosa Sanjuan e Noa Vázquez Fuentes descúbrennos neste programa de Radio Monelos o significado das palabras de Samaín e Halloween. Son comúns?, De onde procede a súa orixe?
Esperando que este programa sírvanos para iluminar esta noite defuntos deste outonal novembro.
Para os aficcionados ao cómic e a lectura en xeral tedes un libro de Pepe Carreiro da serie os Barbanzós que se titula "A noite do Samaín" e que vos pode abrir, de forma divertida, o camiño.
Non é un bosque solitario mais tampouco unha casa encantada, aínda que quedaredes encantadas cando entredes. É a biblioteca Sagrada Familia, que garda historias terroríficas, para nenos e nenas, para persoas adultas e para todo tipo de seres sobrenaturais se se presta. Esta semana vinde á biblioteca para celebrar o Samaín… como mandan os seres sobrenaturais… Atrevédesvos?