Amosando publicacións coa etiqueta pandemia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pandemia. Amosar todas as publicacións

09/01/22

A vida conta

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

As mulleres xuntas somos máis fortes e para ser feliz é preciso tecer redes e estar acompañadas e acollidas nun espazo vertebrador no que non nos sintamos xulgadas e poidamos abrazarnos e axudarnos. Neste caso, ese lugar común para todas é o centro sociocultural das súas parroquias.

 O 13 de marzo de 2020 pechou todo, tamén os centros socioculturais do rural compostelán. E estas mulleres valentes quedaron sen o encontro que levaban moito tempo preparando, sen festa, sen actividades e sen espazo onde atoparse, abrazarse e arrouparse contra a incerteza e o medo. 

 O documental "A vida conta" recolle as testemuñas de Pilar de Figueiras, Maruja de Busto, Esperanza de Laraño, Fina de Laraño e Elena de Marantes, que contan como foi a súa vida estes longos meses de pandemia. E, nese seu relato, caben moitos outros. Porque "estamos aquí, estamos vivas aínda".

 


29/12/21

07/11/20

Autónomos e pandemia

 Asistimos estes días a algo insólito, a concentración de autónomos nas prazas públicas do país reclamando políticas de apoio. Nas últimas décadas eles pecharan comercios e bares ao paso das mobilizacións do naval en solidariedade cos obreiros, no que parecía un recoñecemento mutuo, ao fin, de seren clase traballadora.

Información en Galicia Confidencial

Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral días despois de que a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) solicite ao Ministerio de Traballo un subsidio de 426 euros para autónomos. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo