Amosando publicacións coa etiqueta adolescencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta adolescencia. Amosar todas as publicacións

12/11/23

Violencia de xénero na adolescencia

Yelina Dopico López (4º ESO C) e Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato D) fan unha valoración para Radio Monelos sobre os resultados preocupantes dun estudo publicado en La Voz de Galicia (25/10/2023) no que se sinala que os casos de violencia machista na adolescencia unha nosa Comunidade seguen incrementándose. Unha reflexión para ter en conta este 25 de novembro.


11/02/22

07/01/22

📊 Ao Son das Enquisas #aoSDNM

 O GALEGO, PRÁCTICAMENTE DESAPARECIDO NA MÚSICA QUE SE ESCOITA NA ADOLESCENCIA 

Unha enquisa realizada a máis de 1.000 escolares da Galiza revela a práctica desaparición do idioma galego entre os seus hábitos de consumo musicais. Un 80% confesa que nunca -ou case nunca- escoita música en galego. Máis do 50% nunca asistiu a un concerto de música en lingua galega na súa vida e un 40% do alumnado enquisado non coñece ningún artista ou grupo que cante en galego. 

O proxecto socio-educativo “Ao Son da Nosa Música”, realizou un traballo de investigación nos meses de outubro e novembro en 20 centros educativos galegos das catro provincias. Contou coa participación de alumnado desde 5º de Primaria ata 2º de Bacharelato e foron pesquisados os seus hábitos musicais tanto dentro como fóra do centro escolar. A enquisa puxo especial fincapé na presenza da lingua galega na música que escoitan, poñéndose en evidencia unha dramática e alarmante realidade. 

É rechamante a presenza maioritaria do castelán como lingua vehicular no ensino musical, tanto dentro dos centros educativos como nos diferentes ámbitos de formación. O cuestionario revela ausencia da música en galego nas propias aulas de música cun 50% que resposta escoitala poucas veces e un 27% nunca. En canto ás actividades musicais preferidas no ámbito do ensino atópanse a escoita musical e a práctica instrumental nos primeiros lugares, seguidas do canto e a danza. 

Guadi Galego, SÉS, Tanxugueiras ou a Banda da Loba son as artistas máis coñecidas pola rapazada. En canto aos estilos o Pop, o Reggaetón e o Rap son os xéneros preferidos polos adolescentes cun 63%, 53% e 44% respectivamente. 

En relación aos hábitos de consumo de música, un 62% nunca mercou música. Entre o 38% que si o fixo un 45% investiu en música en castelán, un 35% música en inglés e tan só un 17% asegura que mercou música en galego. En canto aos medios dixitais que se empregan para escoitar música YouTube destácase como o máis empregado cun 86%, seguido por Spotify cun 74%, TikTok cun 52% e a radio cun 35%. Así mesmo, revélase que as redes sociais, a partir dos 13 anos, son a maior influencia na formación do gusto musical, seguida de preto do grupo de amizades. 

A enquisa enmárcase nunha iniciativa pedagóxica de investigación desenvolvido ao abeiro dunha licenza de formación de docentes no curso 2021/2022. 

 Neste mes de xaneiro, este proxecto socio-educativo presenta os seus resultados de investigación de xeito global e presentará as propostas de mellora que considera oportunas para reverter esta situación.

 


12/10/20

Esposa - Nós contra nós

 Realizado por Raquel Espiñeira (IG: @r.espineira) Interpretado por Raúl Señoráns e Andrea Hermida Axudante de realización: Irea Graña.

 Este tema de Esposa saíu no EP que sacaron este ano, 'Belo horizonte' e no recompilatorio Galician Bizarre 3. Agora ten un videoclip que asina Raquel Espiñeira, unha rapaza de 15 anos. «A nós gustounos moito, vímonos moi reflexados como nesta versión adolescente de nós (igual tampouco deixamos de selo de todo)», comentan en Esposa antes de pasarnos o texto de presentación que fixo a directora.