Amosando publicacións coa etiqueta dobraxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dobraxe. Amosar todas as publicacións

08/05/23

Conversa con Pepo Suevos

Conversamos hoxe co actor, humorista, guionista, actor de dobraxe, cómico e showman Pepo Suevos, un grande. Saberanlle os chícharos?

14/12/22

A Mesa lanza Pipocas, un catálogo que recolle todos os filmes e series que están dobrados ao galego

 

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou esta mañá Pipocas, un catálogo web que recolle todos os filmes e series dobradas ou lexendadas á nosa lingua e que redirixe o público ás plataformas na que está cada título. No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos. Dende a entidade asegúrase que será actualizado de xeito permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera filme ou serie.

“Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua”, explica o responsable de comunicación da Mesa, Carlos Vieito, “especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas”. “Dende hoxe”, conclúe, “as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua”.

Información en A Mesa


 

26/09/22

O estado xeral do audiovisual en Galiza | Samuel Solleiro

 ▶️ Samuel Solleiro, membro de AGPTI «Dende o ano 2011 a dobraxe na TVG descendeu bastante. Nótase unha mellora por parte das plataformas, pero é certo cunha mellora real implicaría unha calidade do produto e das condicións de traballo».

30/09/21

A dobraxe galego coa Iniciativa Xabarín

 Moi agradecidos e agradecidas a Antón Rubal, Xulia Rigueiro, Luís Iglesias, Nora Abad, Monti Castiñeiras, Tere Santamaría e Tacho González por poren a súa voz e cara nun vídeo no que se reivindica poder ver ficción internacional en galego e que os de fóra tamén podan ver ficción galega en galego e nas súas linguas.