Amosando publicacións coa etiqueta xornalismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xornalismo. Amosar todas as publicacións

09/11/22

Xurxo Lobato: "No país do Nunca Máis"

 Historia dun libro publicado no 2003 tras a traxedia do "Prestige"

Este libro quere ser a crónica visual do movemento xerado arredor de Nunca Máis dende o ano 2002 e grande parte do 2003, e dos que fixeron das palabras dignidade e solidariedade unha inmensa marea.

Velaquí unha ollada sobre os feitos. A crónica dun acontecemento que nos conmocionou e que de seguro ha significar un antes e un despois para moitas galaegas e galegos. A realidade é segundo a percibimos e segundo a ordenamos nas nosas emocións e sentimentos. Fica con este libro o testemuño do que aconteceu. Diante da catástrofe o país reaccionaba.

No país do Nunca Máis é un libro de fotoxornalismo que inaugura unha nova colección en Galaxia, a colección Reportaxe. Unhas fotos que son testemuño do meirande movemento cívico que permanecerá en todos nós ao longo dos anos. Un libro feito coas emocións e a honestidade das emocións.

Nomes como Manolo Rivas, Antón Losada, Anxo Quintana, Ramón Chao, Ernesto Sánchez Pombo, Antón Reixa, Ignacio Ramonet, Mario Bennedetti, Xavier Queipo ou César Antonio Molina entre outros aportan os seus textos a este libro para deixar constancia do seu apoio ao movemento Nunca Máis.


 

 

12/10/22

O Álbum de Galicia incorpora a Alexandre Raimúndez: "O noso home na BBC"

 Información en Praza Pública

Alexandre Raimúndez, en 1948 CC-BY-SA Imaxe facilitada por Vázquez-Monxardín


 

O xornalista Bruno Carvalho deixa o Donbass medio ano despois: aquí podes reler o seu traballo

 'Nós Diario' recompila as crónicas do xornalista luso nestes sete meses nos que residiu en Donetsk para informar dos avances da guerra desde o terreo. 

Información en Nós Diario

  Bruno Carvalho, em um prédio derribado no Dombass. (Foto: Nós Diario)


 

08/10/22

Fernanda Tabarés: "O país está cheo de historias que non se contan"

 Nada en Ourense, Fernanda Tabarés é unha das máis destacadas xornalistas galegas. A súa traxectoria vincúlase ao Grupo Voz, primeiro como xornalista en La Voz de Galicia e logo, en 2010, en V Televisión onde presentou Vía V co que gaña o Mestre Mateo á mellor comunicadora. Cando V Televisión pecha, é nomeada directora de Voz Audiovisual. Sentamos a falar con ela en #RostrosdoPaís.

06/05/22

María Obelleiro: "O xornalismo en galego é posíbel a pesar da Xunta"

A directora de 'Nós Diario' participou nas xornadas organizadas polo Consello da Cultura sobre a censura nos medios de comunicación. 
 
 
De esquerda a dereita, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o xornalista Luís Pousa, e a directora de 'Nós Diario', María Obelleiro. (Foto: Arxina)  

10/03/22

Fálase | Mulleres do mar e da memoria do 10 de marzo de Ferrol

 Información en Praza Pública

Sari Alabau e outros militantes que participaron nas históricas mobilizacións do 10 de marzo e o mar de Terra Nova CC-BY-NC-SA Montaxe: Praza.gal | Foto 10 de marzo: @borja_srt | Foto Terra Nova: © JRCC Halifax | Imaxe Fálase: © Isabel Vila

08/12/21

09/07/21

Susana Rodríguez Gacio, médica e atleta paralímpica, portada da revista "Time"

 Susana Rodríguez Gacio, a atleta paralímpica viguesa, é a portada da prestixiosa revista Time pola súa traxectoria deportiva e vital. A publicación norteamericana escolleu a Susana canda outras tres deportistas de sona internacional: Sue Bird, Allison Felix e Naomi Osaka. Na edición dixital da revista inclúese un vídeo en que se destaca a faceta de Susana como médica, que loitou contra o virus ao tempo que se preparaba para os Xogos. 


 

26/06/21

Co galego falamos de todo! As revistas en papel

 As revistas levan ducias e ducias de anos contando a nosa historia. Atopabamos artigos en galego en 'Vida Gallega', unha revista que víu saír o seu primeiro número en xaneiro de 1909 cunha portada deseñada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. El mesmo tamén formou parte da revista Nós, publicada entre 1920 e 1936. 

Esta marcaría toda unha xeración da historia do noso. Trala morte do dictador Franco, voltan aparecer novas revistas en galego, moitas delas especializadas. Por exemplo, Braña a revista científica da Sociedade Galega de Historia Natural. Ou mesmo Andaina, a revista galega feminista que botou a andar en 1983. 

E hoxe, nacen novas revistas en galego? Como afrontan os desafíos co dixital? Percorremos as librarías, as redaccións e mesmo as facultades... para averigualo!