Amosando publicacións coa etiqueta xeografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xeografía. Amosar todas as publicacións

30/09/21

A verba viva

 'A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico', un percorrido pola Ribeira Sacra desde o seu núcleo. Unha viaxe audiovisual a unha paisaxe cultural única que só poden ser entendidas desde as claves que rexen o patrimonio humano e os seus e as súas protagonistas: os ribeiraos e as ribeirás, que achegan o público espectador de primeira man á verdadeira identidade do territorio. O documental audiovisual, de algo máis dunha hora de duración, foi dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa, e producido por Chantada Comunicación.

02/09/21

MUDÁMONOS Á OUTRA ESQUINA DO CONTINENTE | TOXÍO

 


A verba viva (avance)

 Avance do documental 'A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico', un percorrido pola Ribeira Sacra desde o seu núcleo. Unha viaxe audiovisual a unha paisaxe cultural única que só poden ser entendidas desde as claves que rexen o patrimonio humano e os seus e as súas protagonistas: os ribeiraos e as ribeirás, que achegan o público espectador de primeira man á verdadeira identidade do territorio. 

O documental audiovisual, de algo máis dunha hora de duración, foi dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa, e producido por Chantada Comunicación, estará proximamente dispoñible, en aberto, desde este portal web.

 


23/07/21

Pontevedra, a costa do infinito azul. Pío García Audiovisuais

 Este proxecto audiovisual pon en valor a riqueza paisaxística, etnográfica, histórica e turística dos 398 Km de costa que unen A Guarda e Catoira, pasando por Oia, Baiona, Vigo, Redondela, Vilaboa, O Morrazo, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, A Illa de Arousa e Vilgarcía. Ante os nosos ollos desfilarán acantilados, fermosas praias ou numeorosos núcleos de poboación costeiros que definen o pobo galego e a súa forma de vida.