Este proxecto audiovisual pon en valor a riqueza paisaxística, etnográfica, histórica e turística dos 398 Km de costa que unen A Guarda e Catoira, pasando por Oia, Baiona, Vigo, Redondela, Vilaboa, O Morrazo, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, A Illa de Arousa e Vilgarcía. Ante os nosos ollos desfilarán acantilados, fermosas praias ou numeorosos núcleos de poboación costeiros que definen o pobo galego e a súa forma de vida.