Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxía. Amosar todas as publicacións

21/03/23

A dixitalización da Xunta no ensino triplica o número de materias 'vetadas' ao galego

A presenza real do galego no ensino secundario fica moi por baixo do que estabelece o propio decreto de 2010 aprobado polo Goberno galego —que xa reducía a súa presenza—. Edixgal, a ferramenta da Xunta da Galiza de dixitalización no ensino, reduce ou exclúe o galego en determinadas materias. 
 
 
Marcos Maceira e Nuria Fociños, presentando o informe en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
 

13/03/23

Gañadoras e gañadores do concurso da muller na ciencia (11 de febreiro) e do día da muller (11 de marzo)


Relación das gañadoras e dos gañadores do concurso da muller na ciencia e o día da muller convocado pola Biblioteca e o EDLG do IES Monelos:

Vázquez Fuentes Noa     1º ESO A

Lisi Piñeiro, Luca Nahuel 2º ESO PMAR

Ramírez Rojas, Kevin     2º ESO PMAR

García Blanco, Amalia      4º ESO A

Varela Ota, Nina                4º ESO A

Hidalgo Novoa Iria           1ºBacharelato B 

Entrega dos premios aos gañadores na biblioteca do Centro o venres 17 de marzo. De esquerda a dereita Kevin, Iria, Noa, Amalia, Nina e Luca Nahuel.

13/02/23

Concurso día internacional da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro) e día da muller (8 de marzo)

 BASES DO CONCURSO 

O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 13 de febreiro e rematará o venres 10 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 21 mulleres relacionadas co mundo da ciencia en Galicia (física-química, bioloxía, farmacia, medicina, matemáticas, tecnoloxía, informática, etc) A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas. 

 BASES 

1. Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría. 

2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización e no blog deste equipo: cotarelomonelos.blogspot.com. 

3. Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todas as personaxes femininas. 

4. Só se concederán ata 5 premios. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores. 

 5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto. 

Entra no formulario para contestar

01/11/22

XIII día da Ciencia en Galego

 Información en cienciaengalego.org

Os homenaxeados Evariste Galois e Ángeles Alvariño González.

Évariste Galois cambiou as matemáticas, pero tamén a Arte, a Física, a Química, a Xeoloxía inventando o concepto de grupo e aínda o de grupo de Simetría. Hoxe podemos citar 800 libros que falan da Teoría de Galois en Mecánica Cuántica, dos Grupos de Simetría en Cristalografía e Química ou dos 17 grupos de Simetría planos que permiten facer todos os deseños tipo wallpaper posibles no plano, etc. Ou os de 3 dimensións que explican a cristalografía.

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetógnatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.
Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome e en 2021 o Parlamento Galego aprobou unha lei que recoñece o seu labor.
No 2022 foi seleccionada para conmemorar o día da Ciencia en galego.