A presenza real do galego no ensino secundario fica moi por
baixo do que estabelece o propio decreto de 2010 aprobado polo Goberno
galego —que xa reducía a súa presenza—. Edixgal, a ferramenta da Xunta
da Galiza de dixitalización no ensino, reduce ou exclúe o galego en
determinadas materias.