Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxía. Amosar todas as publicacións

08/05/23

Radio Monelos: XXVII día da ciencia na rúa

Celebración no parque de Santa Margarida do XXVII día da ciencia na rúa. O IES Monelos participou un ano máis con tres proxectos presentados polo departamento de física e química e tecnoloxía (dous proxectos de tecnoloxía e un de física química) presentados polo alumnado de 1º de bacharelato, 4º ESO e 1º ESO.

Realizan as entrevistas para a radio as alumnas de 4º ESO Martina Iris Estévez Domínguez e Sara Lorenzo Naya.


21/03/23

A dixitalización da Xunta no ensino triplica o número de materias 'vetadas' ao galego

A presenza real do galego no ensino secundario fica moi por baixo do que estabelece o propio decreto de 2010 aprobado polo Goberno galego —que xa reducía a súa presenza—. Edixgal, a ferramenta da Xunta da Galiza de dixitalización no ensino, reduce ou exclúe o galego en determinadas materias. 
 
 
Marcos Maceira e Nuria Fociños, presentando o informe en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
 

13/03/23

Gañadoras e gañadores do concurso da muller na ciencia (11 de febreiro) e do día da muller (11 de marzo)


Relación das gañadoras e dos gañadores do concurso da muller na ciencia e o día da muller convocado pola Biblioteca e o EDLG do IES Monelos:

Vázquez Fuentes Noa     1º ESO A

Lisi Piñeiro, Luca Nahuel 2º ESO PMAR

Ramírez Rojas, Kevin     2º ESO PMAR

García Blanco, Amalia      4º ESO A

Varela Ota, Nina                4º ESO A

Hidalgo Novoa Iria           1ºBacharelato B 

Entrega dos premios aos gañadores na biblioteca do Centro o venres 17 de marzo. De esquerda a dereita Kevin, Iria, Noa, Amalia, Nina e Luca Nahuel.

13/02/23

Concurso día internacional da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro) e día da muller (8 de marzo)

 BASES DO CONCURSO 

O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 13 de febreiro e rematará o venres 10 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 21 mulleres relacionadas co mundo da ciencia en Galicia (física-química, bioloxía, farmacia, medicina, matemáticas, tecnoloxía, informática, etc) A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas. 

 BASES 

1. Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría. 

2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización e no blog deste equipo: cotarelomonelos.blogspot.com. 

3. Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todas as personaxes femininas. 

4. Só se concederán ata 5 premios. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores. 

 5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto. 

Entra no formulario para contestar