Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións

18/01/24

Radio Monelos: programa musical sobre Caamaño&Ameixeiras

Programa elaborado polos alumnos de 1º de bacharelato Lucas Eiroa Osoro e Anxo Vázquez Seoane.

 

Algúns videoclips de Caamaño&Ameixeiras: "Maneo de Cambre", "Alegría Dio'la dea", "A pequena morte", "Ai de min"

13/01/24

Radio Monelos: programa musical sobre "Grande Amore"

Programa realizado polas alumnas de 4º ESO C Sara Castro Sánchez e Sofía Regueiro Seoane.

  

Algúns videoclips de "Grande Amore": "Esta pena que a veces teño", "Onde ela me quer levar", "Do meu corpo van nacer outros corpos" e "Pelea".

10/01/24

Radio Monelos: programa musical sobre Sofía Espiñeira

Programa realizado polos alumnos de 1º de bacharelato Enrique Alonso Fúster e Pablo Barro García.

Algúns videoclips: "Xeografías", "A vida contemplativa", "As miñas flores" (directo) e "Remuíño de son" (con Belém Tajes e Los Jinetes del Trópico)

Resumo das novas de Nadal de 2023 e Aninovo de 2024

Programa elaborado pol@s alumn@s Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato) e Yelina Dopico López (4º ESO)


20/12/23

Predición meteorolóxica para este Nadal na Coruña

Elaborada pola Meteoescola do instituto. Na locución as alumnas de 1º de ESO Zeltia Deus, Loreto Gómez, Estrella Julián, Iria García, Estela Cao, Valery Gerez e Iria Díaz.

Monelos no ar (programa nº 1)

 Programa realizado en directo no 2º recreo o mércores 20 de decembro dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. Nesta emisión centrámonos sobre a celebración do Nadal en distintos países da Unión Europea. Tamén presentamos algunhas recomendacións literarias por vari@s alumn@s da ESO para estas vacacións.

Coordinan a actividade as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde.

Presentan as alumnas de 3º de ESO Catalina Bago e Sabela García.

Control de son por parte de Alejandro Lorenzo de 1º de Bacharelato.


 

18/12/23

Radio Monelos: programa sobre o grupo Leilía

Rematando o ano 2023 Radio Monelos emite o seu último programa musical sobre o grupo tradicional "Leilía" que, despois dunha carreira de 35 anos, despídense das súas actuacións neste ano.

As alumnas de 4º de ESO Lucía Barbé Rodríguez e Inés Rodríguez Rodríguez falarannos delas. Ata o ano que vén! Feliz 2024 para toda a Comunidade Educativa.

Leilía actuando o pasado 2 de decembro no Culturgal en Pontevedra nun dos seus actos de despedida.

 Programa nº 11 da TVG dedicado ao grupo Leilía no 2015

Radio Monelos: novas do 11 ao 18 de decembro

Redacción e presentación de Alejandro Lorenzo Naya (1º Bacharelato)

Presentación Paula Rial Cernadas (1º ESO)

Sumario:

Galicia: 50 aniversario da inauguración da ponte de Rande

Mundo: agresión armada dunha alumna de 12 anos ao seu profesor nun colexio en Francia

España: a Real Academia de la Lengua Española solicita unha mellora dos contidos da lingua en secundaria.

A Coruña: vitoria do Depor a domicilio ante o Arenteiro por 1-2



Predición meteorolóxica para A Coruña do 18 ao 24 de Decembro

 Elaborada polas alumnas de 1º ESO Estela Cao Díaz e Iria Díaz Hierro para a Meteoescola

14/12/23

Radio Monelos: programa musical sobre The Rapants

Programa sobre o grupo musical muradano The Rapants elaborado pol@s alumn@s Carolina Barbeito de la Cruz (1º ESO B) e Lucas Eiroa Osoro (1º Bac A)


 

Algúns videoclips: Live Festival Noroeste Pop Rock, Fai Tempo, O Avión e Madrid 2K19 

 

13/12/23

Entrevista a Marta Souto Naveira gañadora Ex aequo do II Concurso de Relatos de Terror do IES Monelos

 As alumnas de 2º de ESO Lara Beade Hermida e Noa Vázquez Fuentes entrevistan a Marta Souto Naveira (3º ESO A) gañadora Ex aequo do II Concurso de Relatos de Terror organizado pola Biblioteca e o EDLG.


12/12/23

Radio Monelos Novas. Do 12 ao 18 de Decembro

 O alumno de 1º bacharelato D do IES Monelos presenta as novas desta semana.

SUMARIO:

1. Incautados 7.200 quilos de cocaína na Coruña.

2. Conflito entre China e Filipinas polo control do mar.

3. Discusión no goberno español polas prestacións por subsidio de desemprego.

4. Declaracións desafortunadas de Santiago Abascal, líder de Vox, sobre o presidente do goberno.

05/12/23

Radio Monelos: entrevistamos a Sabela Maneiro (compoñente de Tanxugueiras)

As alumnas de 1º ESO B Carolina Barbeito de la Cruz e Paula Rial Cernadas mantiveron unha entrevista telefónica este martes 5 de Decembro con Sabela Maneiro unha das compoñentes do grupo Tanxugueiras.