Programa realizado en directo no 2º recreo o mércores 20 de decembro dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. Nesta emisión centrámonos sobre a celebración do Nadal en distintos países da Unión Europea. Tamén presentamos algunhas recomendacións literarias por vari@s alumn@s da ESO para estas vacacións.
Coordinan a actividade as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde.
Presentan as alumnas de 3º de ESO Catalina Bago e Sabela García.
Control de son por parte de Alejandro Lorenzo de 1º de Bacharelato.
Emisión do segundo programa en directo de "Monelos no ar" realizado este mércores 30 de xaneiro.
O programa estivo centrado sobre preguntas e respostas sobre a institucións da UE, dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, e unha entrevista ao alumno de 2º de Bacharelato Xoel Saavedra importante promesa do voleibol español. Coordinaron o programa as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Na presentación estiveron as alumnas de 2º ESO Lara Beade e Inés Insua. Entrevistou Noelia Saavedra, de 3º de ESO, ao seu irmán Xoel.
Emisión do terceiro programa en directo de "Monelos no ar" realizado o xoves 29 de febreiro
Centrado sobre Estrasburgo e o Parlamento Europeo. Este mes contamos coa visita ao noso centro do eurodiputado galego do grupo parlamentario do Partido Popular Europeo na eurocámara Francisco José Millán Mon. Tamén entrevistamos a tres alumn@s do noso centro que realizan formación musical no Conservatorio (Raúl Orosa (2º ESO), Adriana Miranda (4º ESO) e Martina Iris Estévez (1º Bacharelato) Dirixido polas profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Presentan @s alumn@s de 1º de ESO Hugo Pasandín e Laura Virosta.
Emisión do cuarto programa en directo de "Monelos no ar" realizado o venres 22 de marzo
Programa coordinado polas profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Na técnica Alejandro Lorenzo (1º Bac) Na condución Raúl Orosa e Eva Paz (2º ESO) O sumario estivo centrado en dous aspectos: 1º As Olimpiadas europeas 2º Entrevista ao profesor de lingua e literatura castelá do noso centro Antonio Frade Fraga. Emitido e gravado (22 de marzo de 2024)
Emisión do quinto programa en directo de "Monelos no ar" realizado o venres 26 de abril
Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo Coordinan as profesoras: Mónica Alonso e Elena Conde. Técnica: Alejandro Lorenzo. Locutores: Martín e Inés Jaspe. Embaixadoras Junior que interveñen: Covadonga Somorrostro e Aldara Eiroa Eslogan: Álvaro Cardalda Entrevista aos alumnos de 2º de bacharelato lectores de manga: Alex Dourado, Iria Hidalgo e Nerea Revilla.
Emisión do sexto programa en directo de "Monelos no ar" realizado o venres 31 de maio
Centrado sobre as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebraron o 9 de xuño e a celebración do Día das Letras Galegas dedicado á coruñesa Luísa Villalta.
As profesoras Mónica Alonso e Elena Conde foron as coordinadoras.
Na técnica estivo Alejandro Lorenzo.
Conduciron o programa Yelina Dopico (4º ESO) e Anxo Vázquez (1º Bac)
Axudou ao embarque Raúl Orosa (2º ESO)
Falaron da importancia das eleccións ao parlamento europeo o vindeiro 9 de xuño os Embaixadores Junior Álvaro Mosquera e Alexandre Marrero.
A profesora Montse Puime foi entrevistada sobre a realización dos carteis de Luísa Villalta no día das Letras. A alumna de 4º ESO Eva Godrovich falou do traballo de ilustración de poemas que realizaron no ámbito sociolingüístico e recitou un dos poemas da escritora.
Este foi o penúltimo programa do curso 2023-2024.