Amosando publicacións coa etiqueta paisaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paisaxe. Amosar todas as publicacións

12/08/23

AS MÉDULAS DE CALDESIÑOS a vista de dron

Minas romanas das Borreas, en Caldesiños (Viana do Bolo) a vista de dron. Tamén coñecidas como Médulas ou Meduliñas de Caldesiños, polo seu parecido coas Médulas do Bierzo (León).

11/08/23

PRAIA DE BASCUAS - UNHA PRAIA CON ENCANTO a vista de dron

No concello de Sanxenxo, fronte á Illa de Ons, e ao lado da praia de Pragueira, dende a que se pode acceder por un sendeiro que percorre o litoral, sitúase esta fermosa e reservada Praia de Bascuas, para desfrute dos que a visitan, polas súas cristalinas augas, branca e finísima area e excelentes vistas. E para quen lle guste practicar o nudismo, nesta praia está permitido.

07/07/23

Parque Nacional das Illas Atlánticas: Un paraíso para as aves

A colonia de aves mariñas presente no Parque Nacional das Illas Atlánticas ten un importante impacto sobre as comunidades vexetais, as augas costeiras e o solo. Diversos estudos realizados pola Universidade de Santiago (USC) demostraron que hai un cambio rotundo en canto ao enriquecemento dos solos con respecto ao que sucede noutros cantís próximos onde non hai gaivotas.

17/06/23

Unha ducia de imaxes do vello Samil que agora inicia a súa recuperación

Repasamos as fotografías históricas do proxecto para a primeira fase de restauración das dunas da praia viguesa que ten a exposición pública a Dirección Xeral da Costa, unha actuación que comezará polo norte do areal coa retirada de 450 metros do paseo e a construción dun novo a metade de curto e máis estreito 25 metros terra adentro. O obxectivo final será retranquear dous quilómetros de paseo, ata a desembocadura do río Lagares, pero mantendo a Avenida de Samil mentres non se desenvolva un vial paralelo interior previsto no PXOM da cidade.

Información de David Reinero en Praza Pública