11/08/23

PRAIA DE BASCUAS - UNHA PRAIA CON ENCANTO a vista de dron

No concello de Sanxenxo, fronte á Illa de Ons, e ao lado da praia de Pragueira, dende a que se pode acceder por un sendeiro que percorre o litoral, sitúase esta fermosa e reservada Praia de Bascuas, para desfrute dos que a visitan, polas súas cristalinas augas, branca e finísima area e excelentes vistas. E para quen lle guste practicar o nudismo, nesta praia está permitido.