Amosando publicacións coa etiqueta mocidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mocidade. Amosar todas as publicacións

03/03/23

Con que deporte podo ser máis popular?

 

Todos os días milleiros de adolescentes en Galicia procuran información en Internet. A mocidade galega non só busca contido que a entreteña, senón que quere solucionar as súas dúbidas para sentirse autónoma e independente, para sentirse adulta. Entre as buscas máis relevantes resaltan as ligadas ás prácticas deportivas. 

Coa serie de vídeos Adestra a túa lingua queremos achegarlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e normalizar e fomentar o emprego de termos técnicos deportivos en galego que son pouco populares e coñecidos. Iniciativa de Suseia SCG realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.


11/12/22

Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC: Os problemas que a rapazada ten nas redes reflíctense no seu benestar: "Estámonos esquecendo de formar persoas"

O limiar da felicidade dun rapaz hoxe en día está nas redes sociais, no que ve aí, que é algo moi superficial, irreal e artificial. Estámonos esquecendo de formar persoas e iso, ao mesmo tempo, fai á mocidade máis vulnerable nas redes”. Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago de Compostela, é o responsable científico do estudo Adolescencia, Tecnología, Salud y Convivencia, impulsado pola Fundación Barrié, que conta coa participación de máis de 10.000 rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos de centros escolares galegos para analizar o uso que fan das Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación (TRIC).

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Dúas rapazas cos seus teléfonos móbiles no campus da Universidade de Santiago © Santi Alvite/USC


 

02/05/22

David Perdomo percorre varias etapas do Camiño de Santiago desde Pedrafita do Cebreiro ata Compostela. Ao longo do traxecto, comenta cun enfoque persoal e humorístico as súas experiencias, impresións, vivencias, opinións e reflexións sobre a peregrinación xacobea: paisaxes, gastronomía, cultura, motivacións... 
Son catro xornadas que dan como resultado final dúas pílulas audiovisuais destinadas en especial ao público xuvenil. Os vídeos están dirixidos por Lucas Terceiro e Marga Pazos.
 

05/03/22

O 39 % da poboación ve insuficiente a oferta cultural en galego para a rapazada

 Un informe do Consello da Cultura reflicte a demanda de máis produtos

Información en La Voz de Galicia

Valentín García, Rosario Álvarez e Håkan Casares presentaron as conclusións do informe xoan a. adoitar