Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións

19/02/22

VII Lacónicas - Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos

 Do 10 de febreiro ao 6 de marzo goza en 32 locais da Coruña das Xornadas Gastronómicas adicadas ao lacón con grelos.

 


20/02/21

"O entroido sempre existirá" · Lola, primeira muller en vestir a Pantalla ✨ Arrieiros Somos.

 Lola no ano 1950 foi a primeira muller da historia do entroido de Xinzo en vestir a Pantalla. Segundo ela, "O entroido sempre existirá". Queremos dedicar este capítulo a todas as mulleres e homes como Lola e tamén para eses entroideros que xa non están entre nós e inculcáronnos o amor por esta festa carnal!

16/02/21

Gran desfile | Entroido de Verín, sempre latexando

 


Unha sardiña de 3 metros e 350 quilos na rotonda do Campo da Leña

 O escultor Miguel Couto tardou tres meses en moldear, fundir e soldar no seu taller de Arteixo a enorme sardiña que o concello instalou este luns na rotonda da rúa da Torre coa confluencia da rúa San Xoán como homenaxe ao espírito do entroido coruñés.



12/02/21

Xa esta o entroido COVID-19 no IES Monelos!

 Organiza a vicedirección do centro

 Ola 

Estade atentos porque este curso o Entroido en Monelos será diferente ao doutros anos. Temos que cumprir con todas as medidas de seguridade ás que nos obriga a pandemia e por iso non podemos organizar o concurso de comparsas. O que si podemos facer é o seguinte:

- A partir do martes que vén e ata o xoves, teredes que cumprir cunha serie de "mandados" que vos iremos poñendo por aquí, no  hall do instituto e na nosa conta de Twitter. O martes xa ten o seu  mandadiño asignado, o do mércores subirase o martes e así ata o xoves que será cando rematemos.

- O venres poderedes vir disfrazados pero tendo moito coidado en cumprir cos protocolos nas aulas, nas entradas e no patio. Estades a facelo moi ben así que non vos custará traballo seguir como ata o de agora. Tedes tamén a posibilidade de participar no consurso virtual de disfraces e gañar moitos premios.

Moi feliz entroido a todos!

 

Mandadiño do martes 9 de febreiro


Mandadiño do mércores 10 de febreiro
 

 
Mandadiño do xoves 11 de febreiro