16/02/21

Unha sardiña de 3 metros e 350 quilos na rotonda do Campo da Leña

 O escultor Miguel Couto tardou tres meses en moldear, fundir e soldar no seu taller de Arteixo a enorme sardiña que o concello instalou este luns na rotonda da rúa da Torre coa confluencia da rúa San Xoán como homenaxe ao espírito do entroido coruñés.