Amosando publicacións coa etiqueta enerxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enerxía. Amosar todas as publicacións

29/09/21

Conversa con Aquilino García de Monfero di NON aos macroeólicos

Coñecemos da man dun veciño, Aquilino García, as reivindicacións da plataforma Monfero di NON aos macroeólicos e mais de paso aprendemos un pouco máis de que vai o tema dos novos aeroxeneradores. Un pracer de conversa co Aquilino e a primeira con medios externos, ainda que nos quedou por falar algunha cousa, en xeral moi ben.
 

30/07/21

ENTREVISTA | Manuel Casal Lodeiro

 

O futuro de Alcoa e as electrointensivas, a produción enerxética en Galiza, o extractivismo nos países do sur... Afondamos nestes temas con Manuel Casal Lodeiro. 

 A propósito da incerteza en torno Alcoa, o autor decrecentista explica que nos atopamos precisamente cun dos debates que o decrecemento quere poñer sobre a mesa: "Ou nos obsesionamos por manter crecendo algo finito ou pensamos nunha reorganización da sociedade". Lodeiro ten claro que "os nosos fillos non van vivir de Alcoa, iso sabémolo. Imos ter o valor de pensar alternativas?" . Sobre a discusión política ao respecto, sostén que "os partidos de esquerdas non se atreven a saír do guión do produtivismo e o crecemento económico", mais advirte que xa hai certas diverxencias, sobre todo en Francia.

10/04/21

O 10 de abril de 1977 a Mariña mobilizouse contra a central nuclear que se quería facer en Xove

 Hai 44 anos

Información de David Lombao en Praza Pública

Cartel das Comisiós Labregas contra a central nuclear en Xove Dominio Público SLG

Unha mobilización contra a central Dominio Público Fundación Galiza Sempre

 

 

06/10/19

O futuro da central térmica das Pontes

O biólogo e ecoloxista Xosé Veiras analiza nunha entrevista en Praza Pública analiza o futuro de Galiza sen centrais termoeléctricas


Xosé Veiras membro da plataforma Galiza sen carbón
Central térmica de ENDESA nas pontes