30/07/21

ENTREVISTA | Manuel Casal Lodeiro

 

O futuro de Alcoa e as electrointensivas, a produción enerxética en Galiza, o extractivismo nos países do sur... Afondamos nestes temas con Manuel Casal Lodeiro. 

 A propósito da incerteza en torno Alcoa, o autor decrecentista explica que nos atopamos precisamente cun dos debates que o decrecemento quere poñer sobre a mesa: "Ou nos obsesionamos por manter crecendo algo finito ou pensamos nunha reorganización da sociedade". Lodeiro ten claro que "os nosos fillos non van vivir de Alcoa, iso sabémolo. Imos ter o valor de pensar alternativas?" . Sobre a discusión política ao respecto, sostén que "os partidos de esquerdas non se atreven a saír do guión do produtivismo e o crecemento económico", mais advirte que xa hai certas diverxencias, sobre todo en Francia.