Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía. Amosar todas as publicacións

08/08/22

Os incendios arrasaron case a terceira parte da área protexida do Courel

 Información en GCiencia

A área protexida do Courel (en verde) é a máis afectada, con case 14.000 hectáreas arrasadas (en vermello). O incendio comezou o 14 de xullo e esta tarde continuaba activo e sen controlar. Crédito: EFFIS

 

29/05/22

Fragas do Eume, "o parque natural da Europa atlántica peor conservado"

 A piques de facer o seu 25 aniversario, este parque aínda carece de plan reitor de uso e xestión (PRUX). As entidades ecoloxistas, que son pesimistas respecto do futuro do espazo, denuncian seren tratadas pola Xunta como "convidadas de pedra" na "apresurada" elaboración do plan.

Información en Galicia Confidencial


 

26/05/22

Proxecto Terra: Ferrol-Fragas do Eume

 Actividade realizada polo alumnado de 4º de ESO do IES Monelos (23 e 24 de maio de 2022)

Visita ao Museo da Construción Naval

 

Urbanismo e arquitectura en Ferrol

 

Paseo pola ría de Ferrol

 

Visita ao castelo de San Felipe

 

Albergue de Alvarella

 

Museo etnográfico da Capela

 

Andaina polas Fragas do Eume

14/09/21

14 de setembro de 1981: O "Xurelo" na fosa Atlántica contra os residuos radiactivos

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Tripulantes do 'Xurelo' co patron, Ánxel Vila, segundo pola dereita (Foto: Xosé Castro)

Cargueiros cos bidóns de residuos fotografados desde o 'Xurelo' (Foto: Xosé Castro)

Barco militar holandés escoltando os cargueiros cos residuos (Foto: Xosé Castro)

Activistas de Greenpeace entorpecendo o vertido dos bidóns en 1982 (Foto: Greenpeace / Pierre Gleizes)

 

Manuel Méndez, á esquerda, e Gonzalo Vázquez Pozo (daquela concelleiro de Cultura do concello da Coruña), no centro, embarcados no "Xurelo" (Foto: Xosé Castro)

Ponte de mando do 'Xurelo'. Ao fondo, o xornalista e escritor Manuel Rivas. (Foto: Xosé Castro)

Tripulantes do 'Xurelo' estudando o itinerario a seguir para atopar os barcos holandeses

'Billetes' conmemorativos da viaxe do 'Xurelo' 

Fonte Praza Pública

Ence, cun pé fóra da ría de Pontevedra vinte anos despois da súa privatización

 Información de David Lombao en Praza Pública

ENCE recheo de Lourizán na ría de Pontevedra nos anos sesenta do século pasado
 

04/08/21

Documental Proxecto Trekker - Monte Pindo

 O Monte Pindo, monte sacro dos nosos antepasados celtas, é un macizo granítico sito no Concello de Carnota, ao sur da Costa da Morte. As súas características únicas, e ao atoparse enmarcado entre a praia de Carnota ao sur, a máis longa de Galiza, e o Coaduiro do Xallas ou fervenza do Ézaro ao norte, a única da Europa continental que cae directamente sobre o mar, convérteo nun dos espazos naturais máis importantes da nosa xeografía, e merecedor, na nosa opiinión e cada día na de máis xente, da declaración de Parque Natural, co que sería o primeiro da Costa da Morte. 

Con ese obxectivo nace a Asociación Monte Pindo Parque Natural o 19 de outubro de 2010. Mais sabendo que non sería fácil, nada facía sospeitar que a única resposta por parte da Xunta de Galicia sería a negativa e o abandono absoluto das súas competencias no que ten a ver con este espazo. Por iso Monte Pindo Parque Natural comezou unha andaina de reivindicación pero tamén de suplir a inacción administrativa neste espazo con ducias de iniciativas de todo tipo tanto para a divulgación como para a investigación e protección das virtudes deste espazo natural. Unha das iniciativas máis recentes e máis felices foi o Proxecto Trekker Monte Pindo, onde da man de Google puidemos mapear coa mochila Trekker a práctica totalidade dos camiños de sendeirismo non só do Monte Pindo senón de todo Concello de Carnota, incluíndo un fascinante percorrido costeiro en barco. Para explicar como xestamos e desenvolvemos a iniciativa, decidimos encargar un documental sobre o proxecto.

 O ilusionante encargo recalou no cineasta Miguel Mariño, quen tras o seu nomeamento como director da Academia Galega do Audiovisual, deixou o proxecto en mans de Guillermo Ascanio. Do froito do bo facer de ambos nace esta peza audiovisual que xa forma parte da historia da nosa entidade e do noso Concello.

30/07/21

ENTREVISTA | Manuel Casal Lodeiro

 

O futuro de Alcoa e as electrointensivas, a produción enerxética en Galiza, o extractivismo nos países do sur... Afondamos nestes temas con Manuel Casal Lodeiro. 

 A propósito da incerteza en torno Alcoa, o autor decrecentista explica que nos atopamos precisamente cun dos debates que o decrecemento quere poñer sobre a mesa: "Ou nos obsesionamos por manter crecendo algo finito ou pensamos nunha reorganización da sociedade". Lodeiro ten claro que "os nosos fillos non van vivir de Alcoa, iso sabémolo. Imos ter o valor de pensar alternativas?" . Sobre a discusión política ao respecto, sostén que "os partidos de esquerdas non se atreven a saír do guión do produtivismo e o crecemento económico", mais advirte que xa hai certas diverxencias, sobre todo en Francia.