11/04/22

Loitar saben - 1

 Serie documental de dous capítulos que dá a coñecer o papel que exerceron as mulleres galegas no século XX e o paso destas do espazo privado ao espazo público. Faise a través da historia de mulleres de emigrantes que ficaron na casa e dun equipo de fútbol feminino, unhas e outras contadas por mulleres de distintas zonas de Galicia. 

Pretende tratar temáticas desatendidas pola historiografía e evitar a perda do patrimonio oral e da memoria da sociedade galega mediante a recollida de relatos familiares e colectivos para que non sexan esquecidos. 

 O primeiro capítulo versa sobre o eido privado e o traballo doméstico das mulleres galegas.