Amosando publicacións coa etiqueta audiovisual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta audiovisual. Amosar todas as publicacións

12/05/24

Sofía Regueiro (4º ESO C) Accésit da VII ª edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

Este sábado 11 de maio o xurado do certame, composto polo realizador Omar Rabuñal Varela, o profesor e guionista, Eduardo Álvarez González, e a profesora e guionista, Anxa G. Refoxo, concedéronlle un accésit a alumna de 4º de ESO Sofía Regueiro polo videopoema Rosas, en que o xurado salientou “pola intelixente solución visual que xogando coa dobre cor, a luz e o ritmo, consegue transmitir a beleza da palabra poética”.

 

Neste concurso recibiu o primeiro premio o videopoema A xustiza pola man, de Noa Cabaleiro Ribadulla do IES Nº 1 da Estrada, “por unha sobresaliente interpretación da protagonista cuns planos que transmiten plenamente a variedade de emocións que transitan o poema. Pola plasticidade das imaxes e un ritmo na montaxe que contribúen moi notablemente a conducir e achegarnos á palabra literaria”. Así mesmo, premiou o videopoema Negra sombra, do alumnado do CPR de Narón, “polo potente e coherente resultado que consegue esta obra coral en feminino utilizando a iluminación como recurso dramático, complementado cunha posta en escena en branco e negro como única gama de cor”.

O concurso de videopoemas que organiza a Casa-Museo Manuel María ten por finalidade potenciar a creatividade artística a través da harmonía entre palabra e imaxe e difundir a obra de Rosalía e Manuel María. Nesta sétima edición que se cerrou no día de hoxe contou con medio centenar de participantes de centros educativos de Lugo, A Estrada, Portas, As Pontes, Miño, A Coruña, Vigo, Compostela, Pontevedra, Ourense,  Sarria, Nigrán, Ponteareas, Narón, Ames, Zas, Cotobade, Ordes, Fisterra e O Saviñao. 

 
 

26/04/24

Lavandeira

 Vídeo presentado polo IES Monelos ao concurso Cinema na escola organizado polo Concello da Coruña.

Actúa alumnado de 1º de ESO

 

24/03/24

'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras

A cinta dirixida por Jaione Camborda destaca nunha na que 'Matria', de Álvaro Gago, recibiu outras cinco estatuas e mantivo unha interesante batalla até o final da noite por ver quen se facía con máis.  
 
 
  Foto de familia das gañadoras e gañadores dos Premios Mestre Mateo 2024. (Foto: Aigi Boga / AGA)