Amosando publicacións coa etiqueta Oza-Monelos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Oza-Monelos. Amosar todas as publicacións

28/01/23

Escalada de roubos no barrio da Gaiteira, na Coruña

Entran pola noite nunha barbería, e nunha panadería rebentan a caixa forte e levan 600 euros.

Información de Elena Silveira en La Voz de Galicia

Os ladróns entraron sen ningún tipo de reserva na barbería Mariquiña

08/12/22

Radio Monelos: historias da Coruña e do noso barrio capítulo 4. O Capitán Xeneral de Galicia Pedro Martín Cermeño y García de Paredes

 Capítulo 4º de historias da Coruña e do noso barrio elaborado polas alumnas de 1º de ESO B Lara Beade Hermida e Claudia Aparicio Ramos sobre a figura do capitán xeneral Pedro Martín Cermeño y Paredes e a repercusión que tivo o seu traballo na historia da Coruña e en Oza-Monelos no 300 aniversario do seu nacemento.

 


15/10/22

Unha ducia de salas de cine desaparecidas en Galicia

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Cinema Cuatro Caminos (A Coruña)

Na Coruña funcionaron historicamente un gran número de salas de cine (Cuatro Caminos, Savoy, Avenida, Valle Inclán, Equitativa, Goya, Finisterre, Hércules, Alfonso Molina, Ciudad, Riazor, Rex, Monelos, Chaplin...), todas elas desaparecidas, dando paso a unha paisaxe moi distinta na que os cines só se poden atopar en centros comerciais case sempre afastados do centro. O Cuatro Caminos, un dos máis antigos, deixou de funcionar en 1948.

27/09/21

O Barrio das Flores e a Cidade Xardín (A Coruña), protagonizan a Semana da Arquitectura que se celebrará do 1 ao 8 de outubro

Con motivo do Día Mundial da Arquitectura que se celebra o 4 de outubro, o Concello da Coruña en colaboración co Colexio de Arquitectos da Coruña promove a Semana da Arquitectura 2021, unha iniciativa que contará coa arquitectura de Cidade Xardín e o Barrio das Flores. Dous barrios de dúas épocas históricas e arquitectónicas moi diferentes que representan modelos de crecemento opostos, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada na presentación do evento.
 

Dous barrios, que recordou "que teñen 100 e 50 anos respectivamente". "Un século dende o comezo da Cidade Xardín e 50 anos da finalización da última das Unidades Veciñais do Barrio das Flores, a unidade veciñal número 4 de Andrés Fernández-Albalat, á que honramos na semana da arquitectura de 2020 ", especificou, e engadiu que son" dous barrios que representan modelos de crecemento opostos, pero dos que podemos aprender moito a través da súa análise e coñecemento ". 

A Semana da Arquitectura comezará o venres 1 de outubro e antes a inauguración terá lugar na Fundación Luis Seoane da exposición "Parellas", do fotógrafo Manuel Sendón. O venres inaugurarase a exposición “Aprender da Cidade Xardín”, comisariada por Patricia Sabín e Enrique Blanco, a través dunha charla do profesor José Ramón Alonso Pereira na Sala de Exposicións Municipal María Pita.

 O programa inclúe unha semana de actividades nas que haberá visitas ao Barrio das Flores e a Cidade Xardín e dous días de charlas ás que asistirán arquitectos e profesores de arquitectura como Carlos Sambricio, Miguel Toba, Fernando Agrasar, Antonio Río , Cristina Pardo, Belén Vaz, Miguel Abejera, Patricia Sabín ou Juan Caridad. Este ano como novidade haberá unha sesión de cine na Igrexa do Rexurdimento con películas relacionadas co Barrio das Flores e a semana pecharase o 8 de outubro cun programa de radio especial. Pola súa banda, o director da Escola de Arquitectura, Plácido Lizancos, destacou que a arquitectura é unha disciplina formidable; “Apoia a actividade económica, crea cultura, pero sobre todo é unha ferramenta para crear os nosos espazos habitados. 

A cidade na que todos nos cumprimos ”. E felicitou ao goberno local "por celebrar a arquitectura". Destacou o valor de Cidade Xardín e o Barrio das Flores, dúas pezas tan diferentes entre si, pero que teñen certas características comúns. Lizancos anticipou que ambos se construíron dun xeito unitario, que se levantaron máis alá dos límites da cidade e que contan con pezas arquitectónicas de gran interese. Ao mesmo tempo, recordou que teñen en común o seu alto descoñecemento por parte do gran público, situación sobre a que aclarou que "van tratar de paliar". Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, invitou aos cidadáns a visitar a exposición inédita do fotógrafo Manuel Sendón, que fala das vivendas que compoñen as casas baratas de Juan Canalejo e de como o paso do tempo cambiou de aspecto. "Unha exposición con dobre lectura, por unha banda, fala do discurso derivado da arquitectura nas cidades e dos discursos e da derivación das persoas que compoñen esa arquitectura", explicou. 

 O programa completo estará dispoñible na páxina web do Concello. Calquera que desexe participar nas actividades do Barrio das Flores ata completar o aforo limitado polas restricións actuais, mentres que nas actividades de Cidade Xardín é necesario inscribirse no seguinte correo electrónico: semanadaarquitectura2021 @ coruna. gal.

24/07/21

Deputación e Concello buscan unha fórmula legal para axudar á asociación A Gaiteira

 A sociedade recreativa ten unha débeda coa entidade provincial que lles impide recibir subvencións.  Foi desafiuzada do seu local da rúa Gaiteira, por falta de pagamento de aluguer

Información de E. Carballo e S. Abad en  La Opinión de A Coruña

Desafiuzamento da Sociedade Recreativa e Instrutiva da Gaiteira. Víctor Echave

 

01/06/21

23/01/21

A Tobeira de Oza, alpendre cultural

 A forza cultural dos barrios obreiros é algo que pasa desapercibido para moitos proxectos e negocios que orientan o seu traballo cara o centro das cidades. A Tobeira de Oza convértese nun punto de inflexión no barrio coruñés de Oza desenvolvendo as súas actividades e as súas ofertas cultural co centro no barrio que comparten coa veciñanza. Como construír cultura dende os barrios? É posíbel tecer cultura en tempos de pandemia? Benvidas á Tobeira de Oza!

 


10/12/20

O porto interior, máis do mesmo?

 Emilio Vega, Secretario de Comisión Aberta en Defensa do Común Margarita Santiago, Expresidenta da Asociación de Veciños Oza, de A Gaiteira Os Castros Paulo Sexto, Presidente da Asoc. de Veciños Oza, de A Gaiteira Os Castros asinan este artigo publicado en La Opinión de A Coruña.

 Información en La Opinión da Coruña

Estación de mercadorías no peirao de San Diego. | // CARLOS PARDELLAS

12/06/20

A Casa de Ferrant no camiño do Corgo

O IES Monelos está nun sitio máxico cheo de pantasmas. No actual parque de Oza (antigo Camiño do Corgo) tivo casa a familia política do pintor Alejandro Ferrant do que conservamos unha fermosa pintura paisaxística da Coruña no Museo de Belas Artes precisamente dende O Corgo, dende o IES Monelos, dende este Cotarelo da Coruña.

Información rescatada en: 
 Máis información en Pantasmas de Oza

A casa do pintor Ferrant no camiño do Corgo actual parque de Oza

A coñecida como a Casa de Ferrant era unha vivenda cun enorme xardín que ocupaba boa parte dos terreos do Corgo nos que hoxe está o Parque de Oza. A casa pertencía á familia política de Alejandro Ferrant, quen dende aquí pintou algunhas das panorámicas máis famosas da Coruña de finais do século XIX, como este cadro de 1891 que se conserva no Museo de Belas Artes (cadro que podemos observar máis abaixo).
Nesta casa, en 1927, estivo a primeira sede do Colexio Compañía de María, que daquelas estaba centrada no ensino para mulleres. Despois tivo máis usos ata que foi derrubada no 2011 xunto ó resto das vivendas dos arredores para construir o actual Parque de Oza. Este parque ocupa os terreos da antiga Finca de Cermeño ou Horta do Xeneral, como a coñecían os veciños por pertencer a Pedro Martín Cermeño, que foi capitán de Galicia.

A finca de Cermeño a principios do século XX. Arquivo do Reyno de Galicia

A finca do xeneral estaba pechada por un muro do que se conservan algunhas partes así como varias das fontes da zona. Está atravesado polo Camiño do Corgo que mantén o seu antigo trazado e que comunicaba, como agora, a zona do Montiño co barrio de Monelos.

 

A Coruña vista dende O Corgo. Alejandro Ferrant, 1891


CRONOLOXÍA

· 1778 Chega a Coruña Pedro Martín Cermeño, Capitán Xeral de Galicia.
· 1780 Cermeño contrata a López Sopeña as canalizacións da súa finca no Corgo.
· 1888 Creación da Granxa Agrícola na Horta do Xeneral, terreos de Cermeño.
· 1891 Ferrant pinta dende O Corgo o cadro Vista da Coruña. Está en Belas Artes.
· 1917 A Compañía de María crea na Casa de Ferrant unha escola para mulleres.
· 2011  Inaugúrase o Parque de Oza na antiga Horta do Xeneral, no Corgo.


 Imaxe actual 2020


 

26/05/20

In Memoriam: Serafín Mourelle, o patrón de Porcupine

Serafín Mourelle Bugallo (Corme, 1933-A Coruña 2020). Aos catorce anos embarcou de “cho”, axudante de cociña,  e chegou a converterse nun famoso patrón do Gran Sol. Nos anos sesenta, el foi un dos descubridores dos vizosos caladoiros de Porcupine, o volcán submarino situado ao oeste de Irlanda. Nunca esqueceu as súas orixes humildes e por iso dende hai moitos anos militou -rara avis entre os patróns- no PCG. Serafín é poeta ao xeito de Manuel Antonio. Isto é, poesía do mar escrita pola propia xente do mar. Tamén é autor dunha novela, aínda inédita, Cartas ao meu avó, na que narra a súa aventura na mariña mercante, no banco Canario-Sahariano e na auga do Gran Sol. Faleceu ao rematar o pasado mes de marzo. Nel temos a presenza pondaliana dun bo e xeneroso.


 Transcripición da entrevista realizada por Xurxo Souto no Club do Mar de San Amaro o 26 de novembro de 2011
 
Xurxo Souto: Aquí tedes outro sabio do mar, Luis Dopico, esa xeografía infinita (incomprensíbel) agora cando subades á Torre...cando  subades á Torre xa sabedes, ademais de Sisargas e Prior, están Abarracidos, Carpanchos, Tousas de Leste, Tousos de Vendaval. E hoxe mesmo, aprendemos os nomes dos ventos da Coruña, polo menos ese vento da mañá, que levaba os barcos cara o norte, que lle chamaban a friaxe do Pasaxe. Apuntamos o nome dos ventos da Coruña.
Ben, pois eso, Serafín sobe á Torre e ve como está a Rabaleira; Luis sube á Torre e ve como está O Carpancho, Os Abarracidos e Serafín sube á Torre de Hércules e ve un pouco máis lonxe. Ve como está o Mar das Galiñas, Os Codillos, A Canaleta, A Cona da Vella. Os nomes que puxeron os galegos ao Gran Sol, ao mar de Irlanda. Digo ben, Serafín?

Serafín Mourelle: Si. Dice ben Suso o que pasa é que se pasa. Suele dicirme e darme o calificativo de mestre, non? E non, non é o caso porque nas miñas xeneracións, eu empecei a mandar os barcos no últimos 50, pois(...)xa supoño que antes(...)porque era unha profesión, era unha profesión tremendamente competitiva, cada un trataba de explorar por donde podía, é dicir, que probablemente, a cordillera de Porcopine que vai desde o grado 53 hasta o 51-50, todo de norte a sur ou nordeste-sudoeste, pois fumos...eu que sei...andaba solo a maioría das veces e...pero supoño que andaban outros cerca. Así que(...)
X. S.: Permíteme que faga unha aclaración porque ti falas con moita naturalidade(...)Cando coñecín a Serafín díxome: O mar non é poesía, é traballo e esforzo. E despois, como falas ti, dixéchesme: Eu nacín en Corme, crieime na Coruña, casei en Noia, vivín no Ghran Sol. De onde son? Son do mar máis que de sitio ningún. E logo dicía que non era poesía. E comentou, e a eso vou, que ao este de Irlanda, hai unha montaña submarina, un gran volcán submarino que lle chaman Porcupine e alí poron estes homes, nos anos 60, a buscar os fondos de area. E como foi eso, ti como che foi por alí, ghastaches aparellos a eito, como dis ti?
S. M.: Bueno, si, ao primeiro si porque non...non conoces ben donde estánas zonas de coral...e ti vas aprendendo á conta deso, que dirían (incomprensíbel) á conta de cortar o que fai o capador, non? Entonces pois(...)e...peixe, peixe había moito porque eu traballei muitos zonas que era terreno virxen, viñan as herbas do fondo, as algas, non? I...e bueno, pois...se lle sacou peixe, foi unha época, cando empezamos esa xeneración, digamos...se dice a xeneración perdida, aquela que, que nacimos na, na República ou antes da República, eu nacín no 33 o sea que non oculto os anos. E entonces (foi esta) toda xente que non tíñamos escola...nin tampouco habíamos tido moitas cousas máis, máis ben anduvemos sempre mui escasos pois...fixémonos patróns...e fumos...explorando, non se conocía, por exemplo, nos últimos 50, conoceríamos un...tercio do que se conoce hoxe(...)se descubrimos moito(...)e foi eso, a  base de cascos hun/ fundidos, ou sea, barcos fundidos, corales(...)foi...moito traballo, moito traballo. Traballábamos todos e cada un foi casi mestre de si mesmo porque ao ser tan competitiva a profesión, cada uns tiña os seus secretiños e si descubría aquí un caladeiro que lle iba ben, e tal e cual, mentres non o, non o...cazaban os outros, non, non cantaba.
X. S.: Dicía Serafín: Pra min cruzar a montaña de Porcupine foi como cruzar a cordillera dos Andes. Non?
S. M.: A cordillera dos Andés. Si, máis ou menos.

X. S.: Iso foi unha(...) Pero ben...como Serafín é un(...)tamén, hai moitas historias que contar(...) Pero, podemos falar un pouquiño de Irlanda porque Irlanda, andamos todos co tema da música celta, a literatura irlandesa e todas esas aventuras pero nunca lle preguntamos aos que de verdade sabedes de Irlanda, que sodes os mariñeiros, que parábades nos portos de Valentia, de Castletown, de Bantry. Fálanos de aqueles anos e deses portos.
S. M.: Bueno aqueles anos si porque eu mandei barcos de madeira, hoxe pode que non, pero (incomprensíbel) aparte de andar de mariñeiro en barcos de madeira, pois empecei mandando barcos de madeira: o Abadejo, o Virxen do Mar. Eso é, e eso estar alí cando arreaba temporal(...) Unha ves estuven a punto de perde-lo barco en (Bantry)...dou(...)foi unha noite moi... (incomprensíbel) que...que épica porque sacamo-lo barco por casualidade...e con traballo, claro. Pero...despois...Irlanda conocemos...eu, si(...)teño, temos(...)tratábamos cunha xente d'alí...non eran mui dados a intimar(...)entre outras cousas(...)eu creo que os isleños, por si mesmos, non son, non son(...)se vas (incomprensíbel) (eu estuve) en Mallora, no? Ya te diré cosas(...)estás cun mallorquín, [es]tase referindo a (incomprensíbel), ya te diré cosas, eh? Entón non canta diante do estraño e eso pasa...eso..que son...miran sempre ao, ao forasteiro, ao que chega...o miran sempre con certa distancia porque claro, durante a historia, (incomprensíbel) o que iba non iba a levar nada, máis ben iba a coller, así que a cousa creo que ten a súa explicación.
X. S.: Pero bueno, certa distancia pero os barcos galegos paraban na ribeira de Bantry, iban ao baile, bailábades coas rapazas...
S. M.: Si.
X. S.: E as rapazas bailaban o baile estilo español (entre aspas)
S. M.: Pero non ligábamos, eh!
X. S.: Bueno, bueno, bueno, aquí hai moito que contar. E Valentín, perdón, Serafín mesmo bailaba ao xeito irlandés. Como era eso?
S. M.: O rigodón. Era(...)
X. S.: Aquí tes pista, pa ghastar pista tamén se queres, eh?
S. M.: Non me vai(...)
X. S.: Como é?
S. M.: Non me vai, non me vai a chegar.
X. S.: A ver, cóntame.
S. M.: Non, tocaban tres pa eles...(en eso) eran corteses...tres pa eles e tres pa nós. Pasodobles, pa nós eran pasosdobles todo. (Incomprénsibel) as deles...era(...)eu creo que se chamaba o rigodón, ou sea(...)un, un, un salón rectangular e poñíanse as mulleres nun lado e os homes noutra e iban avanzando, non? facendo...así filigranas.
X. S.: A ver, a ver...
S. M.: E, e entonces pois chegaban ao medio e empezaban a evolucionar facendo (ochos) así...hasta que despois se collían así de braceiro como a (ca) raspa raspita e...despois xa quedaban xuntos, non? Acórdome que había unha rapaza que me gustaba a min e outra, que había alí, que non me gustaba, gustáballe eu a ela...E entonces, eu fíxenme o loco que (incomprensíbel) fun pa a rapaza que me gustaba e cando xa estaba (incomprensíbel) vén a rapaza, Margot, dime: Spanish? No, no posible. Que non era, que, que...e xa alá vou eu ca outra. Bueno...estas cousas que se viven de chaval...pero certamente...pois, foron uns tempos e...non era nada fácil, no, non eran fáciles. E que era?...Casteltown, Casteltown, eso, eso era en (Bantry). O que contei agora era en Bantry.
X. S.: Casteltown, a taberna de viuda que cando chegaron(...)cando chegou Serafín a Casteltown, naqueles anos 50, as casa tiñan teito de colmo, teito de palla, senón me equivoco. Eran lareiras...
S. M.: De pizarra, si...eran lareiras si, había como aquí. Ou sea, no sociológico, se pode dicir...que non había ningunha diferencia porque no Eire, o que é a República...a República do Eire, o sea, a, a Irlanda do Sur, pois alí mandaba o clero, pero mandaba tan, tan duramente como...ou non sei, como en Galicia, eh? Alí, era tremendo...si non(...)e as rapazas estaban moi coartadas. Por ejemplo, unha histo[ria](...)unha que...bueno, foi amiguiña miña, xa pasaba(...)cando (incomprensíbel) íbamos un día ou dous días e, e xa(...)e non daba tempo a nada(...)Igual, igual quentaba-lo caldo para un irlandés!
X. S.: Hai unhas illas míticas, para, para toda a xente que se interesa por Irlanda que son as Illas de Aran. O famoso documental de Flaherty, o home de Aran e esa natureza tan impresionante, e ti coñeciches as illas, víchelas?
S. M.: Si, conocín, si. Traballei moito ao redor delas.
X. S.: Si, si Flaherty movese a cámara cara o mar, vería que estaban os barcos de Vigo, (incomprensíbel) de Bouzas (incomprensíbel) Serafín.
S. M.: Si, tamén fun alí á Illa Maior que hai un porto que se chama...(Kilronan) e...bueno...alí eran todo tellados de pizarra, casiñas de pedra pero mui, mui cativas.
X. S.: Ninguén falaba o inglés.
S. M.: Ninguén falaba o inglés.
X. S.: Bueno, eso daba igual porque no barco de Serafín tampouco.
S. M.: Tampouco.
X. S.: E por certo, o mar que(...)mirade se están traballadas esas augas que, polos galegos, que o mar, por fóra de, por fóra de Aran, que nome ten? Como lle chaman?
S. M.: Por fóra de Aran? Cona de Vella.
X. S.: A Cona de Vella. O sea, mirade se é (incomprensíbel). Ben, hai moito que contar, tedes esta sabiduría. Serafín hoxe quixo, non quixo bailar pero temos que pedirlle que recite. É un gran poeta do mar.
Autor/a da transcrición: e~xenio
 Lectura recomendada onde aparece, entre outros, algúns rasgos deste gran mariñeiro:



14/02/20

Monelos River Revival

 A Universidade da Coruña impulsa o proxecto Monelos River Revival nunha parede fronte ao instituto Monelos, cuxos profesores e alumnos participan na iniciativa. Para iso, contan coas ideas e o traballo do taller de arte urbana Vella Escola.