12/06/20

A Casa de Ferrant no camiño do Corgo

O IES Monelos está nun sitio máxico cheo de pantasmas. No actual parque de Oza (antigo Camiño do Corgo) tivo casa a familia política do pintor Alejandro Ferrant do que conservamos unha fermosa pintura paisaxística da Coruña no Museo de Belas Artes precisamente dende O Corgo, dende o IES Monelos, dende este Cotarelo da Coruña.

Información rescatada en: 
 Máis información en Pantasmas de Oza

A casa do pintor Ferrant no camiño do Corgo actual parque de Oza

A coñecida como a Casa de Ferrant era unha vivenda cun enorme xardín que ocupaba boa parte dos terreos do Corgo nos que hoxe está o Parque de Oza. A casa pertencía á familia política de Alejandro Ferrant, quen dende aquí pintou algunhas das panorámicas máis famosas da Coruña de finais do século XIX, como este cadro de 1891 que se conserva no Museo de Belas Artes (cadro que podemos observar máis abaixo).
Nesta casa, en 1927, estivo a primeira sede do Colexio Compañía de María, que daquelas estaba centrada no ensino para mulleres. Despois tivo máis usos ata que foi derrubada no 2011 xunto ó resto das vivendas dos arredores para construir o actual Parque de Oza. Este parque ocupa os terreos da antiga Finca de Cermeño ou Horta do Xeneral, como a coñecían os veciños por pertencer a Pedro Martín Cermeño, que foi capitán de Galicia.

A finca de Cermeño a principios do século XX. Arquivo do Reyno de Galicia

A finca do xeneral estaba pechada por un muro do que se conservan algunhas partes así como varias das fontes da zona. Está atravesado polo Camiño do Corgo que mantén o seu antigo trazado e que comunicaba, como agora, a zona do Montiño co barrio de Monelos.

 

A Coruña vista dende O Corgo. Alejandro Ferrant, 1891


CRONOLOXÍA

· 1778 Chega a Coruña Pedro Martín Cermeño, Capitán Xeral de Galicia.
· 1780 Cermeño contrata a López Sopeña as canalizacións da súa finca no Corgo.
· 1888 Creación da Granxa Agrícola na Horta do Xeneral, terreos de Cermeño.
· 1891 Ferrant pinta dende O Corgo o cadro Vista da Coruña. Está en Belas Artes.
· 1917 A Compañía de María crea na Casa de Ferrant unha escola para mulleres.
· 2011  Inaugúrase o Parque de Oza na antiga Horta do Xeneral, no Corgo.


 Imaxe actual 2020