11/12/22

Máis dunha ducia de novidades da música galega para pechar o ano

 Familia Caamagno, Berto, Antía Muíño, Ataque Escampe, Xosé Lois Romero & Aliboria, Dani, LaMontagne & PicoAmperio, Baiuca, Blanco Palamera, Sés, Catuxa Salom, Secho, Catalina Rubirosa, Carlangas & Manu Chao son algúns dos grupos e cantantes que presentan novidades no panorama musical galego neste fin de ano 2022.

Sobre algún deles traballaremos en Radio Monelos o trimestre que vén. No caso de Sés, Berto ou Ataque Escampe xa fixemos un programa de radio o curso pasado. Deixamos unha pequena referencia dos seus videoclips presentados en Praza Pública

Información de Marcos Pérez Pena en  Praza Pública

Familia Caamagno compartiron varios concertos con Berto, un dos grandes nomes da escena musical galega actual. Berto tamén ten un disco moi recente, SINTO, onde aparece este 'Bágoas de cocodrilo'