11/12/22

Brais Lamela presenta a novela "Ninguén queda": "É posible construír pertenza sen reificar ningunha idea purista sobre o que é un fogar"

 Unha poética dos vestixios. Do que pode construírse sobre os restos, sobre os fragmentos. Como espazos de pertenza erguidos mesmo onde non quedaba nada. É unha das propostas de Ninguén queda (Euseino), a primeira novela de Brais Lamela. Un mozo conta a historia dun desposuimento, o da veciñanza de Negueira de Muñiz obrigada a desprazarse á Terra Chá tras seren as súas casas anegadas para facer un encoro. Mais esta historia entrecrúzase con outras, todas unidas polo desarraigo e, tamén, pola necesidade, e a vontade, de erixir comunidade malia todo. [Ninguén queda preséntase este 13 de decembro (19:30) no Vello Cárcere de Lugo e o día 15 (20:00), na Casa da Cultura de Vilalba]

Información en Praza Pública

Brais Lamela © Mariana Katz