28/01/22

Os nomes da nosa terra - 3 - Oleiros

 


Elisa e Marcela en 10 imaxes

 Documental en 10 breves capítulos que conta a historia do matrimonio de Elisa e Marcela na Galicia de comezos do século XX. O casamento converteuse nun suceso con repercusión internacional coñecido como o "matrimonio sen home". O audiovisual percorre os ugares polos que transcorreu a vida das dúas mulleres protagonistas: 10 puntos da Coruña; a cidade do Porto e Buenos Aires, onde, como tantas galegas da época, acabaron a súa viaxe. Complétase coas historias paralelas de Picasso e de Sellier, o fotógrafo que as retratou, autor da primeira película española.

Os nomes da nosa terra - 2 - A Coruña

 


TANXUGUEIRAS & RAYDEN - Averno (Videoclip Oficial)

 


Un país en 360 - Vista aérea de Sobrado dos Monxes

 


27/01/22

Os nomes da nosa terra - 4 - Arteixo

 


A Europeidade con Fora de Mapa - AI, DIOMIO

 


Conversa con Manuel Rivas - Referente internacional da literatura galega 😍

 


4-1 | O Deportivo Liceo mantén baixo control ao Lleida

Información de Pablo Gómez Cundíns en La Voz de Galicia


 

RESUMO | Zamora CF 0-1 RC DEPORTIVO | PrimeiraRFEF | Xornada 20 | Grupo 1

 


REACCIÓN a Tanxugueiras - "Terra" | Benidorm Fest 2022 | Primeira Semifinal

 


Tanxugueiras, á final do Festival de Benidorm coa segunda maior puntuación

 Información en Nós Diario

As galegas recibiron unha sonora ovación cando se anunciou o voto demoscópico. Salvador Sobral, gañador de Eurovisión en 2017, dixo após actuar no interludio: "Eu vou coas galegas".


 

Café Derby 21. Sonia Méndez, Luz Fandiño e hackers de punto de cruz

 


Os alugueiros nas cidades galegas son hoxe 100 euros máis caros que hai cinco anos, un 25% máis

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Como montar un telescopio. Partes e montaxe explicadas paso a paso.

 


26/01/22

Zumba: Tanxugueiras Terra

 


Melodía a Compostela. No Majors - 2

 Webserie documental de 6 episodios, de 10 minutos cada un, sobre a música no Camiño de Santiago. En cada capítulo, Benxamín Otero entrevista diferentes especialistas (músicos, musicólogos, frades, historiadores, luthiers, promotores etc.) para introducir o espectador no universo musical que rodea o Camiño. 

A docuserie ten como obxectivo difundir o patrimonio musical que impregna a Ruta Xacobea desde o seu inicio ata a actualidade; promover, en xeral, o patrimonio cultural galego (sobre todo o relacionado coa música, as artes plásticas, a artesanía e a lingua); promover o fenómeno do Xacobeo e os Camiños de Santiago e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural de calidade.

Melodía a Compostela. No Majors - 1

 


Un país en 360 - Montes de Bocelo

 


24/01/22

Lucía Aldao - A do faro (sesión en directo)

 A composición da canción do Faro foi inspirada pola apertura do faro de Oza á cidadanía coruñesa en 2018. Tres anos despois regresamos á zona das Xubias para gravar a versión en directo que podedes escoitar neste vídeo. Imaxe e son de Diego Delgado. 

O tema pertence ao álbum PAV A, de Lucía Aldao. 

 


23/01/22

RESUMO | DUX Internacional de Madrid 2-3 DEPORTIVO | PrimeiraRFEF | Xornada 19 | Grupo 1

 


Poesia ERÓTICA, DE AMOR e PARA AMAR em galego

 


Culturas Estelares: WENUMAPU, o ceo mapuche

 


O Dépor Abanca golea ao Parquesol

 Información La Opinión de A Coruña

As xogadoras deportivistas celebran un dos seus goles. | // C. PARDELLAS

 

Seis elementos arquitectónicos galegos entraron en 2021 na Lista Vermella do Patrimonio, por risco de destrución

 Información de Patricia Hermida en La Opinión de A Coruña

Fábrica da Luz en Betanzos, pioneira na xeración de electricidade e pasto de pintadas. | // A OPINIÓN Patricia Hermida

 

"Un importante depósito do mundo romano" ás portas da catedral de Lugo

 Información Praza Pública

Intervención arqueolóxica desenvolvida no adro da catedral de Lugo. Ao fondo, a Domus do Mitreo e o acceso á Muralla © USC

 

Comeza a rodaxe de 'Motel Valkirias', coprodución de Galicia e Portugal que afianza a lingua galega nas plataformas internacionais

 Información Praza Pública

Inicio da rodaxe de 'Motel Valkirias' © CTV

 

A baixa natalidade e a caída da inmigración levan a poboación de Galicia ao seu mínimo en 50 anos

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Rúa do Príncipe (Vigo)
 

A Coruña e Culleredo proxectan un espazo verde na súa fronteira con fondos europeos

 Información de José Manuel Gutiérrez en La Opinión de A Coruña

Río de Quintas, ao seu paso pola zona que limita os municipios da Coruña e Culleredo. Carlos Pardellas

 

Unha escavadora rompe unha tubaxe que deixa sen auga a Novo Mesoiro

 Información en La Opinión de A Coruña


 

Mazaricos, capital da loita comuneira 59 anos despois da morte dun veciño por defender o monte ante a Garda Civil

 Información Praza Pública

Monumento dedicado á loita comuneira no monte veciñal de Eirón, en Mazaricos © Concello de Mazaricos

 

Timbal de peixe espada e vexetais

 


22/01/22

Unidade didáctica sobre as Tanxugueiras: Veñen para quedar

 Elaborada polo profesor de galego do IES Elviña  Cándido Paniagua Pousa.



 

Terra (Tanxugueiras) - LINGUA DE SIGNOS

 


A lúa volve brillar

 ‘A lúa vai encuberta’, hoxe no Rosalía, percorre episodios relevantes da historia contemporánea galega a partir do texto de Manuel María.

Información de Marta Otero Mayán en La Opinión de A Coruña

Dous actores da peza, nun momento dá función, xunto a un retrato de Moncho Reboiras. | // LUCÍA R. REGUEIRO

 

Entrevista a Leo Bassi: "Isto é como unha loita persoal, unha misión para mostrar ao público que é o fascismo"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Leo Bassi representando a obra 'Yo, Mussolini' © Luis Otero Zarazo

 

Precariedade, emigración ou abandono. Se non aumentan os recursos para a Ciencia, os investigadores novos seguirán con este dilema

 Opinión de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública

Zulema Varela, investigadora posdoutoral, nunha estadía na Patagonia chilena ©

 

Tanxugueiras no CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras)

 


Pacto de irmãos | DOCUMENTÁRIO

 'Pacto de irmãos' é um documentário sobre os manuscritos mais antigos conhecidos escritos em galego-português. Dirigido por Rafael Janeiro, é uma produção de Axóuxere para a Associaçom Galega da Língua (AGAL). 

A romancista Lídia Jorge, o escritor Rui Zink, o filólogo José António Souto Cabo ou a paleógrafa Maria José Azevedo Santos, entre outras, são as vozes que nos guiam através das imagens dos manuscritos, as caligrafias e as formas artísticas que emergem daquela época.

Conversa con Xacobo de Toro

 


Tanxugueiras / Figa Castellano - Galego 'Montaxe e letra traducida´. Lyrics

Un país en 360 - Santo Alberte e Cova da Serpe

 


21/01/22

Balea Vermella | Psicoloxía educativa

 


Milleiros de persoas secundan na Coruña a esixencia de máis persoal para a sanidade pública

 Información en Praza Pública

Cabeceira da manifestación na defensa da sanidade pública na Coruña, este 20 de xaneiro CC-BY-NC-SA CIG

 

A incidencia da COVID nas residencias privadas foi case o dobre que nas públicas

 Información de David Reinero en Praza Pública

O informe conclúe que ata xuño de 2021 a incidencia nas residencias privadas "foi superior de forma significativa" © DomusVi

 

Non hai futuro (Opus V). Ignacio Benedeti Cinema

 Mediametraxe que plasma a evolución e punto final da distribución e exhibición en 35 mm en Galicia, narrada en clave de entretemento polo último operador de cabina. O obxectivo é deixar testemuño dunha forma de distribuír e exhibir cinema que desapareceu, con imaxes de interese histórico das últimas persoas a exercer o oficio.

Mistura. O Camiño entre Galicia e Cuba. Manuel Mazas Quinteiro

 Documental que inclúe un videoclip orixinal do tema “Chove en Santiago” adaptado á orquestración do grupo galego Mistura Son. O audiovisual quere amosar o fenómeno da emigración dos galegos a Cuba, a influencia que a illa tivo na cultura galega e as interaccións existentes entre ambas, a través de lecturas de fragmentos de obras literarias en galego escritas por autores con influencias cubanas como Anisia Miranda ou Xosé Neira Vilas.

Canelóns de xamón con queixo azul

18/01/22

2 de febreiro: día da Candeloria do IES Monelos


 A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. 

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. 
 
A voda dos paxariños 
 
A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! 
 
O mércores 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade... 
Na semana do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. 
 
O mércores 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.

Concurso de carteis día da paz (1º ESO)


Bases do concurso

 1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.  

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

 3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual.  

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia.  

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2022.  

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.   

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro.  8. A entrega dos carteis realizarase antes do venres 28 de xaneiro. 

8. O martes 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores.  

9. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do luns 31 de xaneiro ao 4 de febreiro) polo cartel que considere mellor.  

10. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.

#DígochoEu Aí vai unha de refráns!

 


15/01/22

Unha ducia de exemplos dun rural produtivo sen macrogranxas

 Información en Praza Pública

Uxío Novoneyra xa descansa no xardín da súa casa de Parada do Courel

 Información de Suso Varela e Francisco Albo en La Voz de Galicia

O féretro, no momento en que era conducido ata a sepultura, situada na parte traseira da casa da familia Novoneyra en Parada CARLOS CORTÉS 

Balea Vermella | 2x18 | Enerxía eólica e paisaxes culturais

 


#40AniversárioAGAL

 


O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra

 Información en cidadedacultura.gal

Entrevista a Miguel Anxo Seixas: "Castelao é unha liña recta. Eticamente non hai nada que reprocharlle"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública


 

'Por última vez'. Ataque Escampe estrean unha versión da canción que levou Ana Kiro ao Festival de Benidorm en 1967

 Información en Vinte

Entrevista #ASMR con Malva​ | ASMR en galego

 


#ApuntamentoLusófono capítulo 28: sentadelas e Tanxugueiras #DígochoEu

 No último directo de Twitch do #ApuntamentoLusófono Esther e Rodrigo resolveron o misterio das *sentadelas, comentaron as últimas novidades das Tanxugueiras de cara ao Benidorm Fest con Manu Mahía e Priscila Bertozzi e tiveron tempo tamén para probar o xogo de moda!

"Como não ser, tranquilamente, human@s" (Rebeca Baceiredo) | OS LIVROS FALAM

 A Rebeca Baceiredo introduz a temática do seu último livro, "Como não ser, tranquilamente, human@s. Técnica e política da Antiguidade à era neoliberal" que procura a relação entre a concepção da técnica, o antropocentrismo e o pacto social, que envolve, não só o âmbito deliberativo da constituição da cidadania, referente ao logos, mas a distribuição de funções, quer dizer, o trabalho.

Podcast Cinema 3: TERROR

 


13/01/22

Educación repartirá probas de saliva nas aulas cun positivo por COVID para que o alumnado as faga na casa na mañá do día seguinte

 Información de David Reinero en Praza Pública


 

Duplicar unha granxa de 23.000 pitos sen avaliar o impacto na auga ou na veciñanza: o TSXG condena a inacción da Xunta na Limia

 Información de David Reinero en Praza Pública

Feijóo, nunha visita a unha explotación avícola intensiva, nunha imaxe de arquivo previa á pandemia CC-BY-SA Xunta de Galicia

 

Is Galician just Portuguese with a Spanish accent? // Ep. 6 with Mario @olaxonmario

 


Asamblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas

 Os días 12 e 13 de novembro de 2021, Santiago de Compostelá acolleu a Asemblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN). Este organismo ten como obxectivo a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas e convertirse nunha voz en común para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional. 

35 delegadas e delegados, representantes de 47 linguas de 24 estados europeos, reclamaron do goberno galego e español que se atendan as esixencias do Consello de Europa e se derrogue o Decreto de Plurilingüismo para garantir que o galego sexa lingua vehicular en todas as etapas educativas e que exista un tratamento igualitario para as linguas cooficiciais na nova Lei do Audiovisual. 

O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acolleu o acto de apertura e recepción das delegadas e delegados cun acto no que participaron diversos representantes institucionais e do mundo académico.

 


Que telescopio merco? Tipos, características e consellos!

 


09/01/22

O Sindicato Labrego advirte de que "as macrogranxas son incompatibles cun rural vivo" e reclama a fin da "frivolidade" ao respecto

 Información de David Lombao en Praza Pública

Macrogranxa de vacas leiteiras © COAG

 

A vida conta

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

As mulleres xuntas somos máis fortes e para ser feliz é preciso tecer redes e estar acompañadas e acollidas nun espazo vertebrador no que non nos sintamos xulgadas e poidamos abrazarnos e axudarnos. Neste caso, ese lugar común para todas é o centro sociocultural das súas parroquias.

 O 13 de marzo de 2020 pechou todo, tamén os centros socioculturais do rural compostelán. E estas mulleres valentes quedaron sen o encontro que levaban moito tempo preparando, sen festa, sen actividades e sen espazo onde atoparse, abrazarse e arrouparse contra a incerteza e o medo. 

 O documental "A vida conta" recolle as testemuñas de Pilar de Figueiras, Maruja de Busto, Esperanza de Laraño, Fina de Laraño e Elena de Marantes, que contan como foi a súa vida estes longos meses de pandemia. E, nese seu relato, caben moitos outros. Porque "estamos aquí, estamos vivas aínda".

 


Os meus Contos favoritos ft. PRADORUA | ASMR em galego

 


RESUMO I DEPORTIVO 1-0 CF Talavera de la Reina I PrimeiraRFEF I Xornada 18 I Grupo 1

 


Torres do Allo

08/01/22

Que está a pasar en Kazajistán?

 Información de Rosa Paíno en La Voz de Galicia

Opinión de Miguel Anxo Murado: Moscova asume un risco calculado en Kazajistán en La Voz de Galicia

Antidisturbios se parapetan tras un dos vehículos incendiados en Almaty. MARIYA GORDEYEVA | Reuters  

Exposición SACRIFICIO E ASCENSIÓN. Quince anos de cómics de DAVID RUBÍN. A Coruña

 Exposición en AFundación. Remata o 29 de xaneiro.

Información AFundación 


 

Café Derby 21: Triángulo de Amor Bizarro, bandas de rock e o Gran Hermano galego

 

Pastel de grelos con gratinado de pataca

 


Os 8 lugares para desfrutar da neve en Galicia (e doutras cousas máis)

 Información en GCiencia

O Cebreiro
 

Os datos científicos non enganan: a vacina protéxenos da COVID-19

 💉Minimizar a efectividade da vacina non convenceu á maioría da poboación adulta europea que xa está inmunizada. Primeiro vídeo da serie #DesmontandoMitos. En colaboración coa Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.

Trivia 2021 de videoxogos no Recuncho Gamer

 


07/01/22

TOP 10 - 2021 #MúsicaenGalego #TOP10 #2021

 


Ao Son da Nosa Música

 Ola! Somos Ao Son Da Nosa Música. Unha iniciativa pensada para conectar, asubiar e difundir actividades que se fan nas aulas dos centros escolares ao redor da música galega e en galego. Queremos conectar con: centros educativos, equipos de dinamización lingüística, bibliotecas escolares, aulas de música, profesorado e comunidade educativa que está a crear obras orixinais ou versións en lingua galega dende o ámbito do ensino. Tamén nos interesa coñecer a opinión de alumnado sobre a música galega. Imos promover un diálogo entre a comunidade educativa e as persoas que están a crear música en galego. E para isto contamos con 6 secuencias didácticas.

Ao Son de Aida Tarrío #aoSDNM

 Hoxe en Ao Son de... conversamos coa música Aida Tarrío de Tanxugueiras. 

Falamos con ela nun #EncontroDialóxico da música que escoitaba cando era unha crianza, de como son os vínculos que establece coa súa comunidade de seguidoras e seguidores. Queremos coñecer a súa opinión sobre a música que se escoita na adolescencia e tamén cales son as súas pontes de relación co mundo do ensino.

📊 Ao Son das Enquisas #aoSDNM

 O GALEGO, PRÁCTICAMENTE DESAPARECIDO NA MÚSICA QUE SE ESCOITA NA ADOLESCENCIA 

Unha enquisa realizada a máis de 1.000 escolares da Galiza revela a práctica desaparición do idioma galego entre os seus hábitos de consumo musicais. Un 80% confesa que nunca -ou case nunca- escoita música en galego. Máis do 50% nunca asistiu a un concerto de música en lingua galega na súa vida e un 40% do alumnado enquisado non coñece ningún artista ou grupo que cante en galego. 

O proxecto socio-educativo “Ao Son da Nosa Música”, realizou un traballo de investigación nos meses de outubro e novembro en 20 centros educativos galegos das catro provincias. Contou coa participación de alumnado desde 5º de Primaria ata 2º de Bacharelato e foron pesquisados os seus hábitos musicais tanto dentro como fóra do centro escolar. A enquisa puxo especial fincapé na presenza da lingua galega na música que escoitan, poñéndose en evidencia unha dramática e alarmante realidade. 

É rechamante a presenza maioritaria do castelán como lingua vehicular no ensino musical, tanto dentro dos centros educativos como nos diferentes ámbitos de formación. O cuestionario revela ausencia da música en galego nas propias aulas de música cun 50% que resposta escoitala poucas veces e un 27% nunca. En canto ás actividades musicais preferidas no ámbito do ensino atópanse a escoita musical e a práctica instrumental nos primeiros lugares, seguidas do canto e a danza. 

Guadi Galego, SÉS, Tanxugueiras ou a Banda da Loba son as artistas máis coñecidas pola rapazada. En canto aos estilos o Pop, o Reggaetón e o Rap son os xéneros preferidos polos adolescentes cun 63%, 53% e 44% respectivamente. 

En relación aos hábitos de consumo de música, un 62% nunca mercou música. Entre o 38% que si o fixo un 45% investiu en música en castelán, un 35% música en inglés e tan só un 17% asegura que mercou música en galego. En canto aos medios dixitais que se empregan para escoitar música YouTube destácase como o máis empregado cun 86%, seguido por Spotify cun 74%, TikTok cun 52% e a radio cun 35%. Así mesmo, revélase que as redes sociais, a partir dos 13 anos, son a maior influencia na formación do gusto musical, seguida de preto do grupo de amizades. 

A enquisa enmárcase nunha iniciativa pedagóxica de investigación desenvolvido ao abeiro dunha licenza de formación de docentes no curso 2021/2022. 

 Neste mes de xaneiro, este proxecto socio-educativo presenta os seus resultados de investigación de xeito global e presentará as propostas de mellora que considera oportunas para reverter esta situación.

 


Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas

 


05/01/22

ROSCÓN DE REIS SAUDÁBEL | Receitas de Nadal 🎄

 


Amadora explica a tradición de correr os reises en Fonte Ferreira (Pedrafita do Cebreiro)

 O equipo de investigación do Apalpador da Gentalha do Pichel, cedeunos este video sobre a tradición de correr os reises, desaparecida no Cebreiro e no conxunto da zona. Foi gravado no 2011 no lugar de Cileiro (Pedrafita do Cebreiro), neste vídeo fala Amadora Teixeiro, unha muller de 91 anos que lembra estas celebracións durante a súa infancia en Fonte Ferreira. 

Explica como 4 persoas vestidas de reis ían cantando por todas as casas, de aldea en aldea e acompañados pola "Carantoña" que levaba unha carauta e un xardón. Esta Carantoña era moi temida por todos os cativos, moito máis do que o Apalpador como indica ela. De feito adoitaba dar co pau, desfacer as cousas, ciscar todo polo chan... Xunto del ía o mochileiro que era a persoa encargada de pedir o aguinaldo que podía consistir en cartos ou en alimentos (xamón, queixos, chourizos). 

Segundo indican no blog "Arqueoloxía dos Ancares", en Coterces e Fonteferreira, cantaban: "Dainos, dainos un lacón/pra que veña un ano bon./Dainos, dainos do espinazo/pra que veña o mes de marzo./Dainos, dainos un pernil/pra que veña o mes d´abril...". 

 Neste blogue tamén indican que González Reboredo e Rodríguez Campos (ano 2000) fixan a decadencia destas tradicións na época da postguerra. e que a partir dos anos sesenta do pasado século XX as cabalgatas dos Reis Magos substituíron as ancestrais tradicións.

Balea Vermella | Cóctel científico especial fin de ano

 


A palabra en solpor. Estevo Creus Andrade

Curtametraxe de animación e poesía da man do poeta Estevo Creus e do artista Mauro Trastoy. Un percorrido pola Costa da Morte, o solpor, e o seu latexo. Este territorio que respira e anda.

 


Ninguén - Versión final completa

 Documental de corte etnográfico dividido en 15 pílulas independentes de 1 minuto de duración aproximada cada unha. Cada peza contén o fragmento dunha entrevista cunha persoa anciá da comarca de Bergantiños e Costa da Morte, quen relata a súa experiencia vital e que contribúe a reconstruír a Galicia da posguerra. Escoitando estas pezas sabemos dos oficios, das festas, das relacións sociais e de parella... 

 ‘Ninguén. Non des a esquecemento’, de Omar Rabuñal Varela, é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

'Un país en 360' - Paseo polo Betanzos medieval

Dic dac docs - A horta

 Proxecto audiovisual composto por 5 documentais didácticos de 7 minutos cada un, dirixidos a nenas e nenos de 2 a 7 anos, co obxectivo de que adquiran vocabulario en galego. Cada capítulo está dedicado a un tema (a cidade, a horta, a casa, a granxa e os medios de transporte), que será o eixo a través do cal os nenos descubrirán os elementos e as palabras en galego relacionadas con ese campo. Todos os capítulos están encadrados no ámbito galego e cunha referencia clara á xeografía e á cultura galegas.