07/01/22

Ao Son da Nosa Música

 Ola! Somos Ao Son Da Nosa Música. Unha iniciativa pensada para conectar, asubiar e difundir actividades que se fan nas aulas dos centros escolares ao redor da música galega e en galego. Queremos conectar con: centros educativos, equipos de dinamización lingüística, bibliotecas escolares, aulas de música, profesorado e comunidade educativa que está a crear obras orixinais ou versións en lingua galega dende o ámbito do ensino. Tamén nos interesa coñecer a opinión de alumnado sobre a música galega. Imos promover un diálogo entre a comunidade educativa e as persoas que están a crear música en galego. E para isto contamos con 6 secuencias didácticas.