Amosando publicacións coa etiqueta patrimonio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta patrimonio. Amosar todas as publicacións

23/12/23

Unha ducia de edificios desaparecidos en Galicia analizados no libro 'Arquitecturas añoradas'

Hai uns meses a editorial Trea publicou o completísimo volme Arquitecturas añoradas, unha memoria gráfica do patrimonio destruído en Galicia ao longo do século XX, coordinado por Jesús Ángel Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Alfredo Vigo Trasancos e con achega dunha vintena de autores e autoras. A obra afonda na historia, relevancia e desaparición de máis de medio cento de significativos edificios que foron derrubados nas cidades e vilas galegas entre 1936 e 2002, en ocasións de maneira accidental, pero as máis das veces de forma intencionada "amparados en excusas economicistas e de pretendido progresismo". As análises acompáñanse de imaxes históricas e de recreacións en 3D realizadas polo Centro Infográfico Avanzado de Galicia, cuxos traballos repasamos nestoutra ducia.
 
 
Gran Hotel A Toxa (derrubado en 1945)
 

12/11/23

Centos de persoas volven reclamar na Coruña a recuperación da Casa Cornide

 Información en Xornal da Coruña

Os actores Fernando Morán e Isabel Risco, que interpretan a Francisco Franco e a Carmen Polo, durante a cuarta marcha pola devolución da Casa Cornide, a 11 de novembro de 2023, na Coruña, Galicia (España). Máis de 50 asociacións coruñesas partic. M. Dylan - Europa Press

05/08/23

O Consello da Cultura Galega publica un "demoledor" informe sobre o desleixo das eólicas cos petróglifos do Acibal

 "A falta dunha identificación previa do patrimonio cultural, incluíndo elementos arqueolóxicos e inmateriais, tivo como resultado danos irreparábeis, como a deslocalización de petróglifos, importantes manifestacións da arte rupestre galega", salientan desde o Consello da Cultura Galega. 

Información en Nós Diario

Estado do Coto do Mouro, no Acibal, onde os veciños atoparan varios petróglifos (Foto: Amil sen Eólicos).
 

Un cento de velas izadas en Sada celebran a protección do patrimonio mariñeiro

 Información en Praza Pública

Participantes no XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais, coas velas izadas este 3 de agosto en Sada © Culturmar