Amosando publicacións coa etiqueta empresa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta empresa. Amosar todas as publicacións

01/12/23

Comeza un Culturgal dirixido a apoiar ao tecido profesional da cultura

Na edición do Culturgal deste ano, a programación dirixida a profesionais adquire un corpo destacado cun panel de 30 actividades nas que están implicadas boa parte das asociacións sectoriais e profesionais que operan na cultura galega. Ser de utilidade para as persoas e entidades que traballan en xestión cultural, é unha das apostas desta 15ª edición. 

Información de Manuel Xestoso en Nós Diario 

O equipo da Culturgal, dirixido por Eva Alonso, estivo a traballar durante o verán nas diferentes liñas desta edición.
 

14/01/23

Suadoiros da canción-desquite de Shakira feitas na Coruña

Sandra Regueiro, a creadora da marca de complementos Bibelot, uniuse á tendencia do momento cunha peza salpicada cunha das frases da canción da colombiana con Bizarrap.

 Información de Patricia García en La Voz de Galicia

 

Sandra co deseño do suadoiro que lanzou coa frase da canción de Shakira

04/07/22

Día da Galeguidade empresarial. "Seguridade A1" facendo País.

 Seguridade A1 é unha empresa de avangarda no sector da seguridade en Galicia. Na súa sede en Compostela celebrouse o pasado día 15 de xuño, o Día da Galeguidade Empresarial. Con este rubro o Foro Peinador vén convocando ao longo dos anos, actos de orixinais formatos para incorporar novas empresas ao movemento galeguizador nos ámbitos industriais e agroalimentario. Seguridade A1 que vén desenvolvendo desde hai anos a súa actividade en lingua galega, súmase a participar dos fundamentos do Foro Peinador apoiando e buscando liñas de encontro que favorezan o uso do noso idioma no ámbito das empresas. Na entrada da sede empresarial colocouse unha placa de bronce en recoñecemento e louva dunha empresa que é exemplo na galeguización empresarial.

13/05/22

ALMANAQUE AGRÍCOLA ZZ 70 anos de lealdade lingüística

 Setenta anos despois de publicarse o primeiro número do Almanaque Agrícola ZZ editado no ano 1952 polos laboratorios Zeltia, o Foro Peinador celebrou na Casa da Cultura do concello de O Porriño un acto que foi moito máis cunha lembranza, resaltando a importancia que ten na historia da publicidade a devandita publicación, porque foi o primeiro soporte publicitario en lingua galega que como un pequeno libro divulgou tradicións culturais e información científica moi útil para á agricultura que entrou na práctica totalidade dos fogares galegos durante moitas décadas, achegando a lingua e a cultura popular á cidadanía. O presidente do Foro Peinador, D. Xosé González Martínez, entidade que desde o seu nacemento está empeñada en mover os marcos da diglosia lingüística para ampliar os espazos de uso do galego na sociedade insistíu na necesidade que de que as universidades galegas, nomeadamente as de Ciencias da Comunicación, formen aos novos publicistas e axentes de comunicación para que poidan desenvolver o seu traballo en galego nas empresas e agradeceu á empresa Syngenta a continuidade desta publicación. A representante do BIOGA, Cluster Tecnolóxico empresarial das Ciencias da Vida, Dna. Marisa Castro, fixo fincapé na necesidade de usar o galego tanto nas empresas como na vida cotiá porque é a única maneira de reafirmarmos na nosa identidade. D. Carlos Varela García insistíu na necesidade de que as empresas, a través da Responsabilidade Social Corporativa, incidan de maneira consciente no territorio no que se asentan e sexan respectuosos coa sociedade sobre a que actúan. O Xefe da área atlántica da multinacional farmacéutica Syngenta, D. Paulo Machado, falou do compromiso que a empresa sigue tendo coa publicación do Almanaque Agrícola ZZ respectando o patrimonio cultural de Galicia. O Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Valentín García Gómez, recordou a importancia que tivo que unha publicación como o Almanaque agrícola ZZ entrase nos fogares galegos na lingua do país e agradeceu que a multinacional Syngenta recollese o testigo da empresa Zeltia e siga actualmente apostando por unha publicación en galego para publicitar os seus produtos. O alcalde do Porriño, D. Alejandro Lorenzo, recordou a importancia que tiña o Almanaque na súa casa e animou a que as empresas do polígono industrial do Porriño aposten polo galego como vehículo de expresión para afianzar a relación de proximidade cos consumidores.

26/02/22

DÍA DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL – BIOGA

 Desta volta a celebración desta data foi no Salón Nobre de Fonseca da USC. No histórico auditorio as 72 empresas aglutinadas en BIOGA (Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida),asinaron un documento de galeguización empresarial coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Foro E.Peinador. Foron testemuñas de tal acordo o Sr. Reitor da USC, que presidíu o acto, o Secretario Xeral da Universidade da Coruña e a Vicerreitora de Comunicacións e Relacións Institucionais. Máis de corenta empresarios e representantes de institucións públicas encheron o histórico auditorio universitario. 

Segundo o acordo asinado, as empresas de Bioga comprométense a iniciar un proceso de galeguización que inclúe a sinalética das instacións das industrias adheridas, convenio colectivo, nóminas do persoal, relacións coas institucións públicas,etc. 

 O Sr. Reitor da USC salientou a importancia do acto ao incardinárense as empresas relacionadas coa ciencia na galeguidade. Carme Pampín, presidenta de Bioga, fixo fincapé na importancia que ten que a ciencia fale no idioma do país onde están asentada, comprometéndose a desenvolver distintas accións para que o convenio asinado se vaia plasmando nas empresas do Cluster. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística puxo o seu departamento e medios ao servizo dese proceso galeguizador. Xosé González, presidente do Foro E. Peinador, tivo palabras de agradecemento para Bioga, e nomeadamente para a súa presidenta, por seren receptiva á proposta que se lles fixo de sumárense á amplo grupo de empresas que hoxe asumiron a galeguización nas relacións laborais e etiquetaxe dos seus produtos. Carlos Aymerich,secretario xeral da UdC manifestou o apoio da súa Universidade a este proceso galeguizador. Mónica Valderrama, vicerreitor da Universidade de Vigo, congratulouse da celebración do acto e as promesas dun futuro galeguizador.

20/02/22

O SABOR DA GALEGUIDADE - Catrineta

 Que as empresas deben enraizarse na realidade territorial e cultural do país no que están asentadas é un feito constatable, e en Galicia son cada vez máis as que practican esa filosofía económica. Os produtos galegos son recoñecidos nos mercados pola gran calidade da súa materia prima; se a esa calidade engadimos a lingua galega nas etiquetas e publicidade estaremos creando unha marca propia definitoria dunha maneira de ser e de facer. 

Porque o plurilingüísmo é un feito que define un mundo diverso e poliédrico onde as empresas para ser diferenciadas nos mercados e non perderse na globalidade, deberán sinalar a súa produción cunha marca de calidade propia, e o uso da lingua galega na etiquetaxe forma parte desa marca diferenciada. 

Presentar á cidadanía os produtos que saen da terra etiquetados na nosa lingua é un plus de identidade que o consumidor agradece e apoia, porque reforza e valora os esforzos dos produtores por achegar aos consumidores produtos de calidade. 

A campaña O Sabor da Galeguidade acerca á cidadanía a varios produtores galegos que apostan pola lingua galega para etiquetar os seus produtos de alta calidade, poñéndoos nos mercados nacionais e internacionais cun marchamo de identidade como garantía de orixe.

13/02/22

O SABOR DA GALEGUIDADE - Maruxio

 Que as empresas deben enraizarse na realidade territorial e cultural do país no que están asentadas é un feito constatable, e en Galicia son cada vez máis as que practican esa filosofía económica. Os produtos galegos son recoñecidos nos mercados pola gran calidade da súa materia prima; se a esa calidade engadimos a lingua galega nas etiquetas e publicidade estaremos creando unha marca propia definitoria dunha maneira de ser e de facer. 

Porque o plurilingüísmo é un feito que define un mundo diverso e poliédrico onde as empresas para ser diferenciadas nos mercados e non perderse na globalidade, deberán sinalar a súa produción cunha marca de calidade propia, e o uso da lingua galega na etiquetaxe forma parte desa marca diferenciada. 

 Presentar á cidadanía os produtos que saen da terra etiquetados na nosa lingua é un plus de identidade que o consumidor agradece e apoia, porque reforza e valora os esforzos dos produtores por achegar aos consumidores produtos de calidade. 

 A campaña O Sabor da Galeguidade acerca á cidadanía a varios produtores galegos que apostan pola lingua galega para etiquetar os seus produtos de alta calidade, poñéndoos nos mercados nacionais e internacionais cun marchamo de identidade como garantía de orixe.

28/11/21

A industria galega do videoxogo saca peito en Culturgal

 Información en Nós Diario

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director de Agadic, Jacobo Sutil, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na xornada deste sábado do Culturgal 2021. (Foto: Xunta da Galiza)

 

30/09/21

A xustiza avala prohibir a protesta da CIG na Toxa porque "con toda certeza" causaría "un perigo"

 Información Galicia Confidencial

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez (c), á súa saída tras o acto de clausura do II Foro La Toja-Vínculo Atlántico celebrado na Illa de Toja, Pontevedra, Galicia, (España), a 3 de setembro de 2020.. Beatriz Ciscar - Europa Press