Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Publicidade de bebidas enerxéticas nun establecemento dunha cidade en Galicia CC-BY-SA M. Pereira
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Publicidade de bebidas enerxéticas nun establecemento dunha cidade en Galicia CC-BY-SA M. Pereira
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Información de David Reinero en Praza Pública
No bico un cantar chega en 2025 á súa novena edición presencial e será a vila de Rianxo a que nos acolla. Os concertos anteriores tiveron lugar en Santiago de Compostela, Celanova, Cambados, Cangas, Mondoñedo, Betanzos, Tui e Ribadavia e neles foron cantados Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, os trobadores medievais, os autores mindonienses, os alalás, os autores da Raia e a Xeración Nós. Este ano 2025 celebramos a Afonso Daniel Rodríguez Castelao con motivo do 75.º aniversario do seu pasamento en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950. E facémolo en Rianxo, a vila onde naceu en 1886, non lonxe da casa familiar que o converteu en veciño doutros autores ilustres como Rafael Dieste e Manuel Antonio. Baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave e co acompañamento do Quinteto de metais Hércules Brass, os versos dos máis insignes autores e autoras galegos cobran vida nas voces de cincocentas nenas e nenos procedentes de conservatorios profesionais de música dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional das sete cidades galegas e do alumnado dos centros de ensino musical da contorna do lugar de celebración.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Información de Vanesa Vázquez en Praza Pública