Os días 12 e 13 de novembro de 2021, Santiago de Compostelá acolleu a Asemblea Xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN). Este organismo ten como obxectivo a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas e convertirse nunha voz en común para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional.
35 delegadas e delegados, representantes de 47 linguas de 24 estados europeos, reclamaron do goberno galego e español que se atendan as esixencias do Consello de Europa e se derrogue o Decreto de Plurilingüismo para garantir que o galego sexa lingua vehicular en todas as etapas educativas e que exista un tratamento igualitario para as linguas cooficiciais na nova Lei do Audiovisual.
O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acolleu o acto de apertura e recepción das delegadas e delegados cun acto no que participaron diversos representantes institucionais e do mundo académico.