26/10/26
25/10/26
11/09/26
11/07/26
08/07/26
20/06/26
María Xosé Porteiro: "O Vigo de Begoña Caamaño era unha cidade nova, socioloxicamente falando, que se estaba construíndo"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Begoña Caamaño traballando na delegación da Radio Galega en Vigo con Rosa Martínez a comezos da década dos 90 © Arquivo persoal de Begoña Caamaño
17/05/26
Circes, Morganas e a rebelión da lingua: a gran festa da cultura galega en homenaxe a Begoña Caamaño
Begoña Caamaño, nunha imaxe tirada no verán de 1987, con carteis dalgunhas das actividades ao redor da lingua e da súa figura que se celebran esta fin de semana © RAG
Ana Romaní: "Fronte ao individualismo que impera, Begoña Caamaño recuperou o colectivo como transformación"
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Begoña Caamaño retratada por Sonia Díaz no parque de Bonaval de Santiago de Compostela o 30 de xullo de 2009 © Sonia Díaz
16/05/26
15/05/26
14/05/26
10/05/26
07/05/26
05/05/26
30/04/26
O Seminario de Onomástica responde: Esmelle | Iván Méndez López
Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. Con esta última novela recibiu, entre outros, o Premio da crítica galega en 2012. Nela, adoptou a temática do ciclo artúrico ou materia de Bretaña, isto é, o universo descrito por Álvaro Cunqueiro no seu libro Merlín e familia. A trama desenvólvese na Fraga de Esmelle, nas Terras de Miranda; ambos os dous son topónimos de ficción que Álvaro Cunqueiro tomou de dous lugares importantes na súa traxectoria vital e que Begoña Caamaño fixo seus. Esmelle é un topónimo único no Nomenclátor de Galicia, mais non por iso é unha incógnita toponímica. Iván Méndez, técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, achéganos neste vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde a principal hipótese sobre a súa orixe etimolóxica.








