21/01/22

Mistura. O Camiño entre Galicia e Cuba. Manuel Mazas Quinteiro

 Documental que inclúe un videoclip orixinal do tema “Chove en Santiago” adaptado á orquestración do grupo galego Mistura Son. O audiovisual quere amosar o fenómeno da emigración dos galegos a Cuba, a influencia que a illa tivo na cultura galega e as interaccións existentes entre ambas, a través de lecturas de fragmentos de obras literarias en galego escritas por autores con influencias cubanas como Anisia Miranda ou Xosé Neira Vilas.