05/06/25
08/02/25
25/11/24
A revolución do gran triángulo
A medición do Gran Triángulo a principios do século XIX foi un dos fitos científicos máis importantes da súa época. Os coñecementos, a versatilidade e a resistencia fronte ás condicións adversas do Matemático Rodríguez contribuíron de maneira decisiva ao éxito da expedición, liderada polo astrónomo francés Jean-Baptiste Biot.
Durante case dous anos, o científico galego fíxose cargo de localizar, instalar e manter operativos os vértices nas illas Baleares, facendo posible as medicións, baseadas no método da triangulación. A súa participación nesta aventura científica sen precedentes axudou a establecer, naquel momento, a medida exacta do metro, a nosa unidade de lonxitude, agasallo da Revolución Francesa.
Un vídeo producido por GCiencia para a exposición da Real Academia Galega de Ciencias adicada ao Matemático Rodríguez, Científico Galego do Ano 2024.
26/06/24
Os topónimos das cantigas profanas galego-portuguesas, agora nun mapa dixital
25/10/23
Este mapa interactivo mostra todos os faros do mundo
Lighthouse Map é unha aplicación de libre acceso para coñecer a distribución dos xigantes que iluminan os mares
20/10/23
06/09/23
A Casa do Mapa da Coruña ofrece o novo servizo de impresión para o Mapa á Carta
Información en Xornal da Coruña
13/01/23
01/12/21
27/02/21
O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia
"Un país non se fai só con lingua e literatura senón con xeografía, historia e ciencia". Domingo Fontán colocou rostro a Galicia. A súa carta xeométrica, realizada no ano 1834, foi algo máis que un mapa para os vellos galeguistas da Xeración Nós e para escritores como Cunqueiro ou Castelao. Coñecemos ben quen foi Domingo Fontán? Viaxamos ata o Concello de Portas, o seu lugar de orixe e onde aínda queda moito desta figura tan relevante para a nosa historia e cultura.
11/06/20
Domingo Fontán: Galicia cartografiada nas súas verdadeiras proporcións
Foi elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando este posto ata 1843, ano en que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo.
Tomou como punto cero a torre da Berenguela, na Catedral de Santiago de Compostela. En 1817 iniciou os traballos da Carta, realizada a unha escala 1:100.000, pero ata 1830 non obtivo o apoio oficial para a súa redacción. Nese momento queda exento de impartir clases na Universidade de Santiago. Para realizar esta Carta tivo que percorrer a pé e a cabalo toda Galicia. Nela aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e todos os accidentes xeográficos importantes acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite. En 1834 acaba os traballos da Carta, e preséntaa á Rexente María Cristina que dará orde de imprimila. ata 1845 non foi posible a súa impresión, que se realizou en París, baixo a súa dirección polo gravador L. Bouffard.O escritor da Xeración Nós, Ramón Otero Pedrayo, conserva unha das Cartas orixinais no seu pazo de Trasalba (Amoeiro, Ourense).





